22/10/2026
Hai plans que xorden case de improviso. Julián Maeso é amigo da casa e este domingo vén tocar a MUTA.
Cantante, compositor e multiinstrumentista, Julián ten unha longa traxectoria musical que vai do blues ao soul, pasando polo folk e o rock.
Este domingo poderemos escoitalo nun concerto acústico, íntimo e próximo, case coma se estivese tocando no salón da casa.
Un vermú, boa música e un encontro entre amigos. Apuntádesvos?
Domingo 25 de outubro · 13:00 h
Apertura de portas: 12:30 h.
MUTA · Joaquín Loriga 9, Vigo
IMPRESCINDIBLE RESERVAR
Entrada: 15 € · Pagamento na porta
WhatsApp: 664 697 611
Correo: [email protected]