Noite Meiga Ribadavia

Llamar Cómo llegar Página web Contactar con la empresa

Noite Meiga Ribadavia Noite Meiga, unha noite, só una Noite
A Noite Meiga...
Demos, bruxas, almas en pena...nunha soa Noite Unha noite, só nunha noite....

A NOITE MEIGA

Unha noite onde a néboa e a oscuridade cubren a paisaxe de Ribadavia,
onde o misterio resurde de entre os rincóns máis ocultos. Unha noite de meigallos, onde a sombra das ánimas camiña polas rúas,
onde os desamparados invocan ás coruxas. Unha noite onde a música que soa é a dos pasos da morte, onde se
escoita o xemir do aire, onde acouga o ruixir máis salvaxe. Unha noite de lume, de vento, de choiva, de fume, de esmorga, de orballo e de folra.

Todo listo! Os esperamos mañana!👏👏👏
30/10/2026

Todo listo! Os esperamos mañana!
👏👏👏

🎃🧡 A CREATIVIDADE DOS MÁIS PEQUENOS TAMÉN ILUMINA A NOITE MEIGA!A Praza de Abastos de Ribadavia encheuse de cabazas, ima...
30/10/2026

🎃🧡 A CREATIVIDADE DOS MÁIS PEQUENOS TAMÉN ILUMINA A NOITE MEIGA!

A Praza de Abastos de Ribadavia encheuse de cabazas, imaxinación e moita ilusión coa exposición de cabazas elaboradas polos nenos e nenas dos colexios da contorna. 🧙‍♀️✨

Cada creación é única e especial, froito do traballo, da creatividade e das ganas dos máis pequenos de formar parte desta tradición. Hai cabazas de todos os estilos: divertidas, misteriosas, terroríficas e algunhas que non deixan de sorprendernos! 👻

Desde a Asociación Cultural Ribadavia Activa-T queremos agradecer aos nenos e nenas participantes, aos centros educativos e a todas as persoas que fixeron posible esta exposición. É unha alegría ver como as novas xeracións tamén manteñen viva a ilusión pola Noite Meiga. 🖤

📍 PRAZA DE ABASTOS DE RIBADAVIA
📅 Podedes visitar a exposición ata mañá, sábado 31 de outubro.

Se aínda non a vistes, aproveitade para achegarvos e descubrir todas estas pequenas obras de arte!

Porque a maxia da Noite Meiga tamén nace das mans dos máis pequenos. 🎃🧡

🧙‍♀️🔥 XA ESTÁ TODO PREPARADO PARA MAÑÁ!A Noite Meiga está a piques de encher Ribadavia de tradición, misterio, diversión...
30/10/2026

🧙‍♀️🔥 XA ESTÁ TODO PREPARADO PARA MAÑÁ!

A Noite Meiga está a piques de encher Ribadavia de tradición, misterio, diversión e moita maxia. 🎃✨

Se aínda non tes claro que facer ou a que hora comeza cada actividade, aquí tes de novo o programa completo para que non perdas detalle e poidas organizar a túa noite.

📅 SÁBADO, 31 DE OUTUBRO
📍 RIBADAVIA

Prepara o disfrace, reúne a túa xente e ven con ganas de vivir unha noite diferente. Haberá propostas para todas as idades, rúas cheas de ambiente e moitas sorpresas agardando por ti. 🖤

Comparte esta publicación, garda o programa e consulta os horarios para non perderte nada!

Mañá temos unha cita… e Ribadavia volverá ser territorio meigo! 🧙‍♀️🌙

🔥 VÉMONOS NA NOITE MEIGA!

🖤 A MAXIA DA NOITE MEIGA TAMÉN ESTÁ NOS PEQUENOS E GRANDES DETALLES…Hoxe queremos dar as grazas a Bea Domínguez polo seu...
29/10/2026

🖤 A MAXIA DA NOITE MEIGA TAMÉN ESTÁ NOS PEQUENOS E GRANDES DETALLES…

Hoxe queremos dar as grazas a Bea Domínguez polo seu traballo, a súa creatividade e a ilusión que puxo en cada unha das decoracións que preparou para esta Noite Meiga. 🦇🎃

Bea creou varias figuras que xa están repartidos por diferentes recunchos de Ribadavia, poñendo ese toque especial que nos axuda a transformar a vila para a noite máis meiga do ano.

E, por se fose pouco, tamén fixo un enorme morcego que xa preside a fachada do Castelo dos Sarmiento. 🦇🏰 Un deses detalles que non pasan desapercibidos e que lle dan aínda máis personalidade á nosa festa!

Grazas, Bea, por dedicar o teu tempo, o teu talento e as túas mans a facer que a Noite Meiga sexa cada ano máis especial. ❤️

Detrás de toda esta maxia hai moitas persoas que colaboran de xeito desinteresado, cada unha achegando algo único. E nós queremos que coñezades a todas esas persoas que fan posible que Ribadavia se transforme o 31 de outubro. ✨

Porque a Noite Meiga non a fan só as meigas… faina toda a xente que se implica para que a maxia suceda. 🧙‍♀️🔥

Grazas, Bea! 🖤

🧙‍♀️ LEVA UN ANAQUIÑO DA NOITE MEIGA CONTIGO! 🖤Queres gardar un recordo desta noite tan especial e, ao mesmo tempo, axud...
29/10/2026

🧙‍♀️ LEVA UN ANAQUIÑO DA NOITE MEIGA CONTIGO! 🖤

Queres gardar un recordo desta noite tan especial e, ao mesmo tempo, axudarnos a que a Noite Meiga siga medrando ano tras ano? 🔥

Este 31 de outubro achégate ao noso punto de información de Ribadavia Activa-T, na Praza Maior, onde atoparás o merchandising oficial da Noite Meiga para levar contigo un recordo da festa. 🎃✨

🛍️ Leva un anaquiño da Noite Meiga para a casa e colabora coa continuidade desta tradición!

🎁 E ATENCIÓN, QUE TAMÉN HAI SORPRESAS!

🍀 AGASALLO OU MEIGALLO 🍀
Os nosos rascas por só 1 €!

🎟️ Por 1 euro podes probar sorte e descubrir o teu premio… ou o teu meigallo! 😈🎁

💶 1 € · PREMIO AO MOMENTO!

Cada pequena colaboración axúdanos a seguir organizando actividades, mantendo viva a festa e preparando novas edicións para toda Ribadavia.

📍 Punto de información de Ribadavia Activa-T
📌 Praza Maior de Ribadavia
📅 Sábado, 31 de outubro

Achégate, escolle o teu recordo, proba sorte cos rascas e axúdanos a que a maxia da Noite Meiga continúe moitos anos máis. 🖤🔥

Porque a Noite Meiga facémola entre todos! 🧙‍♀️

🖤 RIBADAVIA, GRAZAS POR FACER A MAXIA POSIBLE! 🧙‍♀️✨Estes días, pasear por Ribadavia é sentir que algo especial está a p...
29/10/2026

🖤 RIBADAVIA, GRAZAS POR FACER A MAXIA POSIBLE! 🧙‍♀️✨

Estes días, pasear por Ribadavia é sentir que algo especial está a piques de acontecer… 🎃🕸️

As decoracións aparecen nos barrios, os escaparates énchense de misterio, as casas e os locais vístense para a ocasión e, pouco a pouco, toda a vila comeza a respirar Noite Meiga.

E detrás de todo isto estades vós: as veciñas e os veciños que vos volcades, que dedicades o voso tempo, que achegades ideas, que decorades, que axudades e que facedes que esta festa se sinta en cada recuncho de Ribadavia. ❤️

Desde a Asociación Cultural Ribadavia Activa-T queremos darvos as GRAZAS, así, en maiúsculas. Grazas pola implicación, pola ilusión, pola colaboración desinteresada e por demostrar, un ano máis, que cando Ribadavia se une, é capaz de facer algo extraordinario.

A Noite Meiga non sería a mesma sen vós. Porque a maxia non está só nas luces, nos disfraces ou nas actividades… está nas persoas que fan posible que todo isto suceda. 🔥

Vémonos o 31 de outubro! 👻🔥

🚨👑 ÚLTIMAS HORAS PARA CONSEGUIR A TÚA ENTRADA!Aínda estás a tempo de viaxar ao País das Marabillas! 🐇✨A coroa da Raíña d...
29/10/2026

🚨👑 ÚLTIMAS HORAS PARA CONSEGUIR A TÚA ENTRADA!

Aínda estás a tempo de viaxar ao País das Marabillas! 🐇✨

A coroa da Raíña de Corazóns desapareceu e precisamos equipos dispostos a resolver o misterio. 🔎❤️

Reúne a túa pandilla e prepárate para vivir unha aventura diferente na Igrexa da Madalena: enigmas, pistas e 60 minutos para descubrir quen roubou a coroa antes que os demais equipos. 🔐🧩

⏳ PERO NON TE DURMAS!

🎟️ A venda de entradas estará aberta só ata mañá, venres 30, ás 12:00 h.

📍 Igrexa da Madalena · Ribadavia
📅 Venres 30 de outubro

👉 Reserva xa o teu grupo en Vivetix

Non deixes pasar a oportunidade de vivir esta aventura coa túa pandilla. Despois das 12:00 h, a porta do País das Marabillas pecharase… 🐇🕰️

Quen se anima a recuperar a coroa? 👑

Desde Ribadavia Activa-T expresamos o noso máis profundo pesar polo tráxico accidente ferroviario ocorrido hoxe en Urda ...
28/10/2026

Desde Ribadavia Activa-T expresamos o noso máis profundo pesar polo tráxico accidente ferroviario ocorrido hoxe en Urda (Toledo).

Trasladamos as nosas máis sinceras condolencias ás familias das vítimas e todo o noso agarimo, apoio e solidariedade ás persoas feridas e afectadas.

Nestes momentos de dor, unímonos á súa tristeza e facémoslles chegar todo o noso apoio e proximidade.

O noso máis sentido pésame e toda a nosa solidariedade.

🚨🧟‍♂️ ALERTA ZOMBIE EN RIBADAVIA! ESTADES PREPARADOS?Cando pensabades que xa o virades todo na Noite Meiga… chega a hora...
28/10/2026

🚨🧟‍♂️ ALERTA ZOMBIE EN RIBADAVIA! ESTADES PREPARADOS?

Cando pensabades que xa o virades todo na Noite Meiga… chega a hora de manter os ollos ben abertos. 👀

Este 31 de outubro, as rúas de Ribadavia poderían deixar de ser seguras… Os zombies están a piques de saír e teñen unha misión: converter a noite nunha experiencia que non ides esquecer! 🧟‍♀️🔥

🚨 ALERTA ZOMBIE
💀 Espectáculo itinerante
⏰ 23:00 h
📍 Saída desde a Praza Maior
📅 31 de outubro · Ribadavia

A Noite Meiga non remata cando cae a noite… é cando comeza o verdadeiro misterio. 🖤

🚨👻 ENTRADAS ANTICIPADAS DO PASAXE DO TERROR ESGOTADAS!Xa non quedan entradas anticipadas para o Pasaxe do Terror desta N...
28/10/2026

🚨👻 ENTRADAS ANTICIPADAS DO PASAXE DO TERROR ESGOTADAS!

Xa non quedan entradas anticipadas para o Pasaxe do Terror desta Noite Meiga! 🔥

Grazas a todas as persoas que xa asegurastes a vosa entrada e que un ano máis facedes que esta experiencia sexa unha das máis esperadas de Ribadavia. 🖤

😈 Pero atención! Se non conseguiches a túa entrada anticipada, aínda poderás tentar vivir o terror…

🎟️ As entradas restantes poñeranse á venda o propio 31 de outubro, a partir das 16:30 h, na oficina da MIT na entrada a Praza Maior.

⚠️ As unidades serán limitadas e venderanse ata esgotar existencias. 4 entradas por persoa.

📍 Castelo dos Sarmiento · Ribadavia
📅 31 de outubro

Preparade os nervios… porque os corredores do castelo están a piques de abrir as súas portas. 👀💀

Grazas por facer da Noite Meiga algo tan grande! 🧙‍♀️🔥

Dirección

Ribadavia
32400

Teléfono

+34620230803

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Noite Meiga Ribadavia publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Empresa

Enviar un mensaje a Noite Meiga Ribadavia:

Atajos

Compartir

Servicios De Planificación De Eventos cercanos