21/10/2026
Santiago acolle a estrea do documental sobre Andrea López Chao, a mestra galega que fixo da educación unha ferramenta de transformación social en Cuba.
A proxección terá lugar o martes 27 de outubro no Salón Teatro e permitirá achegar ao público o legado dunha muller mindoniense pioneira na educación e na defensa dos dereitos das mulleres emigradas.
A asistencia será libre e gratuíta, ata completar capacidade. Igualmente, as persoas interesadas en asistir poden reservar a súa praza a través da Asociación Abrindo Camiño (ata o venres 23 de outubro) ou no correo [email protected]