Festas do Mar Ares

Festas do Mar Ares Comisión de “Festas do Mar” en Ares, na honra da Nosa Señora do Carme.

Parroquiaaaa!!!! Xa apareceu a gañadora  da rifa… parabens  e a disfrútalo no comercio local.
23/08/2026

Parroquiaaaa!!!!
Xa apareceu a gañadora da rifa… parabens e a disfrútalo no comercio local.

Parroquia!!!!!!!Chegamos ó fin das Festas do Mar 2026. Onte tivemos que respirar e tomar o día de descanso( non podíamos...
04/08/2026

Parroquia!!!!!!!
Chegamos ó fin das Festas do Mar 2026. Onte tivemos que respirar e tomar o día de descanso( non podíamos mais).
Foron catro días cheos de moitas actividades pensadas para que todalas idades disfruten do seu momento dentro de unha programación,como xa decíamos antes moi extensa para poucos días, esperamos que disfrutarades a tope pois para eso estaba pensado.
Son 365 días que estamos estos amig@s ou xa familia nos que argallamos e damos ideas,e si facemos isto?...... risas,moitas risas levanos para facer a festa en cada reunión ou no grupo que temos para falar. Hai veces que as 08:00 da mañá xa pode haber 40 mensaxes con ideas e non se para en todo o dia 😂😂😂😂😂.
Non sabemos por onde empezar para dar as grazas, son moitas cousas e non queremos esquecernos de nada e de ninguén, por iso imos a empezar por onde non se ve dende o cartaz.
Agradécementos:
- Concello de Ares, en especial a Alma, por estar sempre que necesitamos algo a temos pendiente de facilitar todo o que necesitamos. Obras e servizos por colaborar (moitas veces fora de horario laboral) na loxistica e no q precisemos.
-Carlos Rivera, un home Bo e Xeneroso que só hai que tocar o teléfono e o temos para o faga falta e na hora que sexa, sempre está ahí con unha solución para tod.
-Casino Aresano: por cedernos o local para facer os bingos e para todo o que necesitemos.
-Cofradía do Nazareno: Dispostos a deixarnos material e colaborar nos traballos de priostría.
-Portadores, por poñer o seu hombro ano tras ano para portar á Nosa Raiña.
-Uxía Cobelo, a nosa vendedora e directora de almacenaxe de todo o que movemos durante todo o ano, sempre coas chaves na man e ese sorriso que só ten ela.
-Olalla Cobelo, a nosa diseñadora gráfica, a toleamos moito facendo probas de como pode quedar calquer cousa. Por certo os "Mojitos" son elaboración súa Cunha pócima recuperada de fai seculos, cando os vikingos tiñan que tomar algo para facer a dixestion despois de comer 3 xabarins.😂😂😂😂
-Establecementos colaboradores, eses negocios e empresas que teñen o cartel de COLABORADOR DAS FESTAS DO MAR durante todo o ano porque non só colaboran económicamente para a festa en sí, senon que tamén colaboran achegando premios para os bingo.
Nós cando compramos tamén o facemos no comercio local e fomentamos a compra en Ares.
- Establecementos non colaboradores, grazas por non aportar nin interrumpir o nos traballo, traballamos para o pobo. Non por traer unha orquesta boa van a pechar os bares por falta de xente, os bares que percharon foi por agótamento de existencias👏🏻👏🏻👏🏻👏🏻👏🏻
-As nosas familias e amigos ( que ven sendo o mesmo) grazas por aguantarnos perdendo moitas veces de facer algo xuntos. Sempre estades para todo e ese traballo non se ve, sen vos non seríamos capaces de facer o que facemos 😘😘😘😘😘 sodes moito.
-Asociación Fútbol Playa, hai detalles que molan moito, sodes grandes
- Macamen Juan, de ti non imos a falar hoxe, eres especial e ti vas outro día, te queremos moito.😍😍😍😍

-Antonio García hai que mirar de adiantar a misa un pouco para poder desfrutar un pouco mais tranquilos da misa e procesión (os momentos mais especiais das Festas,para iso honramos a Nosa señora do Carme) grazas por estar sempre ahí. Non é por botar nada en cara e só unha petición popular.👏🏻👏🏻👏🏻👏🏻
-Grupo de gaitas Trouleada, levades anos mantendo a esencia verdadeira dunha alborada, grazas de todo corazón e xa non fai falla decir por onde ir porque o percorrido xa o facedes vos como toda a vida.
-Barco O Agarimo, grazas polas sardiñas Que esta nova andaina neste novo barco veña cargada de peixe e saúde.
-Rondalla Trovadores, esas canciones mariñeiras fan que a Nosa Señora do Carme manteña ese sorriso porque cantades con ganas e de corazón.
-Banda de musica de Xábrega, cada ano que pasa sodes mais grandes, soades mellor e tamén estamos moi orgullosos de que sexades a banda sonora do noso pobo.
-Áreas do Mar, manter a tradición e o baile galego ten o seu mérito, vemos como crece a familia, sempre a mais e cos abrazos ben altos para ver cómo nos xiros empezan a voar esas saias.
- Lauri e Rogelio, por deixarnos que a orquesta poideira montar parte do escenario dentro da sua propiedade.
-Policía Local e Protección Civil, non hai que decir nada só unha chamada vale para solucionar as cousas no momento.
-Coro Bel Canto, poñendo esas voces a misa faise mais bonita porque xa co voso repertorio fai da musica un momento mais de oración.
- Asociacion Cultural de Musical "Los Pimos" encargados de animar as ruas e facer o encerro taurino.
-Club de Remo Ares,a escolta da Virxe cos seus remos. A canteira mantén remo en alto dende a saída ata a entrada como se de espadas se tratasen.
-Sereas das Mirandas, mulleres loitadoras que non tiran a toalla baixo unha enfermidade coma ven sendo o ma***to cancro. Sodes as mans de todo un poco que vogando un pouco facedes esa ofrenda floral por toda esa xente que perdeu a vida no mar. Nós tamén estamos loitando ó voso carón,nunca soas.
-Garda Civil, impresionante o traballo feito nas noites gardando da seguridade nestas festas.
-Grazas tamén a quen fala mal de nos e amenaza nas rrss,pero estamos a pensar si tamén facer un día mais de festa e dedícalo ó DIA DO TONTO. 👏🏻👏🏻👏🏻👏🏻👏🏻👏🏻👏🏻 este aplauso vai para vos👏🏻👏🏻👏🏻👏🏻
Non queremos esquecernos de ninguen por iso esta publicación pode ser editada .
O mais importante de a que lle temos dar as grazas.......
VECIÑ@s e xente de fora que coas vosas aportacions facedes posible que estas festas non se perdan e poidan ser cada vez mais grandes si se pode. Lembrade que Ares foi, é e será sempre un pobo mariñeiro.
Non nos esquecemos que somos descendentes de mariñeiros e o salitre está no noso ADN e porque?
PORQUE SOMOS XENTE DE ARES, ONDE A TERRA BICA O MAR

GRAZAS,GRAZAS e GRAZAS

Viva a Nosa Señora do Carme!!!!!

Vivan as Festas Do Mar!!!!!!

04/08/2026

Parroquia!!!!!
O número agraciado na rifa e o 727

03/08/2026

Parroquia!!!!
Hoxe pechamos por descanso do persoal😘

Parroquia!!!!!!🟣Punto de información violeta, por unhas festas sen violencia machista!!!!Unha aposta do Concello de Ares...
02/08/2026

Parroquia!!!!!!
🟣Punto de información violeta, por unhas festas sen violencia machista!!!!
Unha aposta do Concello de Ares para o coñecemento que estés puntos son útiles cando hai aglomeracions de xente.

PANORAMA CITY
Gran espectáculo o que están a facer para este fin de festas.
A praza a reventar.
Somos Ares!!!!!!!!

Parroquia!!!!!!!Chegou o día, a nosa patroa está vestida de gala para saír polas rúas ata chegar ao mar. Misa solemne as...
02/08/2026

Parroquia!!!!!!!
Chegou o día, a nosa patroa está vestida de gala para saír polas rúas ata chegar ao mar.
Misa solemne as 12:30 horas cantada polo coro Bel Canto e de seguido procesión terrestre. Bendición dense a rampa grande e volta acompañada pila Banda de música da A.C. Xabrega.
Traca pirotécnica.
Na chegada a Praza da Igrexa a Rondalla Trovadores cantará a Salve Mariñeira e cantigas mariñeiras adicadas á Virxe e a xente do mar.

Viva a Nosa Señora do Carme!!!!!!!

Parroquia!!!!!!Vaia día que levamos de monitas risas.-Búsqueda do tesouro (que faremos publicación especial) -Cucaña-Gai...
01/08/2026

Parroquia!!!!!!
Vaia día que levamos de monitas risas.
-Búsqueda do tesouro (que faremos publicación especial)
-Cucaña
-Gaiteiros polas rúas
-Tirolina

O Pregón de Festas a cargo de David Perdomo.Chupinazo!!!!!!!E David facendo visita a probar as sardiñas da ría da musica...
31/07/2026

O Pregón de Festas a cargo de David Perdomo.
Chupinazo!!!!!!!
E David facendo visita a probar as sardiñas da ría da musica.
Seguimos coas Festas do Mar!!!!!!!!

Agora mesmo dende o Parque Rosalía!!!!SardiñasXurelosMexillons Bolas da tixolaConcerto da Charanga LoubandA que esperas?...
31/07/2026

Agora mesmo dende o Parque Rosalía!!!!
Sardiñas
Xurelos
Mexillons
Bolas da tixola

Concerto da Charanga Louband

A que esperas?

Estamos de festa!!!!!!!!!!!

Dirección

Ares
15624

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Festas do Mar Ares publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir