17/05/2026
Queremos pedirvos a todos a vosa colaboración para cumprir as normas e respectar as zonas de estacionamento. Entre todos podemos facer que sexa unha xornada bonita, tranquila e sen ningún problema.
Tamén queremos aproveitar para darvos as grazas a todas as persoas que ano tras ano seguides confiando en nós, e tamén aos que vides por primeira vez. Agardamos que vos guste tanto a experiencia que repitades moitos anos máis.
Este ano chega cunha novidade moi especial: as probas de andadura. Temos moita ilusión posta nelas e esperamos que saian tan ben que cheguen para quedar para sempre na nosa festa.
Queremos agradecer tamén a toda a xente que nos axuda sen pedir nada a cambio, aos que están ao noso lado en cada aventura e fan todo máis fácil. Sen vós nada disto sería posible.
Grazas ás persoas que colaboran na organización do evento, ás empresas que aportan a súa axuda, aos propietarios dos terreos, á xente que está ese día ao pé do canón e a tantas outras persoas que sempre suman.
Como xa sabedes, somos só dúas persoas na comisión, e ás veces a vida e a loxística non dan para máis, pero con toda a vosa axuda conseguimos sacar isto adiante cada ano.
Mil grazas a todos por facer todo isto máis bonito e especial.
Esperámosvos con moitas ganas de pasalo ben todos xuntos e seguir creando recordos ano tras ano 💛
Cris e Alejandro