Llamar Cómo llegar Página web

Normal Espazo de intervención cultural da Universidade da Coruña NORMAL é o espazo de intervención cultural da Universidade da Coruña. NORMAL non é normal. De aí NORMAL.

A norma define unha resposta que non precisa interrogación. NORMAL quer ser, porén, permanente interrogación. Isto é o normal para nós. No momento da súa construción, 1955, o edificio deseñado por Antonio Tenreiro foi a Escola Normal de Maxisterio. Así foi coñecida sempre na Coruña. Cando rescatamos o nome recoñecemos unha historia ligada á educación e, máis concretamente, ao que foi a Cidade escolar, o xermolo, cos edificios de Náutica e de Comercio, do que anos despois sería esta Universidade. NORMAL, por outro lado, arrastra significados que, desde o punto de vista do proxecto cultural que presentamos, soamente cabe interpretar en clave irónica: norma, regra, sistema, forma previsible ou incluso simetría, isto é, aquilo mesmo que aquí se cuestiona.

Onte tivemos a oportunidade de proxectar o filme “With Hasan in Gaza”, de Kamal Aljafari.Grazas a Filmlab Palestine | في...
03/11/2026

Onte tivemos a oportunidade de proxectar o filme “With Hasan in Gaza”, de Kamal Aljafari.

Grazas a Filmlab Palestine | فيلم لاب فلسطين polo seu traballo e por facer posible esta iniciativa, que nos achega ás historias e ás miradas do cinema palestino.

Grazas a por acompañarnos e presentar a proxección, achegando contexto e claves para afondar no filme. Un pracer contar coa túa mirada e compartir este encontro.

E grazas a todas as persoas que vos achegastes a compartir este momento en NORMAL e a facer do cinema un espazo de encontro, reflexión e solidariedade co pobo palestino.

Construción dun pandeiro cadrado, con Xosé Maceda Como se fai un instrumento que forma parte da nosa tradición musical? ...
30/10/2026

Construción dun pandeiro cadrado, con Xosé Maceda

Como se fai un instrumento que forma parte da nosa tradición musical? O artesán Xosé Maceda guiará as persoas participantes nun obradoiro práctico en que aprenderán as técnicas básicas para construír un pandeiro cadrado tradicional de pel cosido a man.

Cada participante traballará na súa propia peza e, ao rematar, levará para casa o instrumento que elaborou. Non é necesaria experiencia previa e facilitaranse todos os materiais e ferramentas.

📍 A Coruña · NORMAL (aula 2.1)
📅 Martes, 3 de novembro de 2026
🕙 De 10.00 a 14.00 h
👥 12 prazas

📍 Ferrol · Centro Cultural Universitario (sala multiúsos)
📅 Martes, 3 de novembro de 2026
🕓 De 16.00 a 20.00 h
👥 12 prazas

Podes inscribirte en:
https://forms.cloud.microsoft/pages/responsepage.aspx?id=PuqhzrJgdU-mwqYCLo-WG-eoQzPriuxAt2JJrCx6Pq1UMFg4QVpNSU5GS1NNNzlLMzk4Tk1HQTRWMi4u&origin=lprLink&route=shorturl

NORMAL súmase a Palestine Cinema Days Around the World 2026  O 2 de novembro, cinemas, universidades e colectivos de mái...
27/10/2026

NORMAL súmase a Palestine Cinema Days Around the World 2026 
 
O 2 de novembro, cinemas, universidades e colectivos de máis de oitenta países proxectan cinema palestino o mesmo día. Desde A Coruña, NORMAL forma parte desta cuarta edición, impulsada por . 
 
A data lembra a Declaración Balfour de 1917, o compromiso colonial que dispuxo sobre a terra palestina sen o seu pobo. Hoxe, cun cesamento do fogo fráxil que non detén o xenocidio en Gaza, proxectar estas películas é unha forma de presenza e de memoria fronte ao borrado. 
 
🎬 With Hasan in Gaza, de Kamal Aljafari 
Documental · 106 min · VO con subtítulos en galego 
Presentación a cargo do crítico Martin Pawley 
 
📅 Luns 2 de novembro · 19:15 h 
📍 Sala Cubo. NORMAL · Paseo de Ronda, 47, A Coruña 
 
Entrada libre ata completar a capacidade da sala
 
PCD26ACORUÑA

24/09/2026

🎭Últimas prazas nos obradoiros culturais da UDC

Aínda quedan prazas dispoñibles nos obradoiros de:

🔶Introdución á formación escénica e actoral — un espazo para achegarte á interpretación.
🔶Laboratorio de artes performativas e xénero — un laboratorio para explorar as relacións entre creación, corpo, performance e xénero.

Se che interesa o teatro, a creación escénica e as artes performativas, anímate a participar!

📅 Prazo de inscrición: ata mañá venres 25 de setembro.

Máis información na seguinte ligazón: https://normal.udc.es/obradoiros-e-aulas-da-area-de-cultura-de-coruna-e-ferrol-2-2/

A Área de Dereitos Civís e Igualdade da Deputación da Coruña, en colaboración coa Universidade da Coruña, a través da Vi...
04/06/2026

A Área de Dereitos Civís e Igualdade da Deputación da Coruña, en colaboración coa Universidade da Coruña, a través da Vicerreitoría de Igualdade e Diversidade, organiza en NORMAL a quinta edición de Memoria Diversa, un encontro xa referente na recuperación e difusión da memoria LGBTIQA+ galega.

A xornada propón unha reflexión colectiva sobre o papel desempeñado pola Igrexa na construción histórica das normas socias relativas ao corpo, á sexualidade e ao xénero, así como sobre os mecanismos de represión, ocultación e violencia exercidos contra as persoas disidentes durante o Franquismo e a Transición.

O encontro contará coa participación de investigadoras, activistas, escritoras, avogadas e representantes do movemento asociativo LGBTIQA+, e será retransmitido en directo pola canle de YouTube da Deputación da Coruña.

📍Lugar: Normal. Espazo de intervención cultural
🗓️Data: 6 de xuño de 2026
🎟️Entrada libre ata completar cabida
📺 Emisión en directo no YouTube da Deputación da Coruña



+

Dirección

Paseo De Ronda
A Coruña
15011

Teléfono

+34981167000

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Normal publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir

Servicios De Planificación De Eventos cercanos