23/05/2026
📢 HOMENAXE HISTÓRICA ESTE DOMINGO NO PIÑEIRIÑO! 📢
❤️ A grandeza das Pistas mídese polo xigantes que son as nosas veciñas. Este domingo imos facer xustiza coa nosa historia e coa muller que puxo os alicerces do que hoxe somos.
Dende a Asociación Veciñal Breogán convidámosvos ao emotivo recoñecemento público que lle faremos a Carmen Búa Franco, «A Cacharola», quen este setembro cumprirá 100 anos.
A finais dos anos 80, Carmen e a súa filla foron as grandes artífices de unir ao barrio e comezar, peseta a peseta, o noso histórico San Xoán. Se hoxe presumimos de festas, é porque elas prenderon a primeira faísca🔥✨.
📍Cando e onde? Este domingo (24 de maio) na rúa Camilo José Cela, aproveitando o ambiente do "Ágora Vermú" organizado polo Concello Vilagarcía de Arousa. Tedes que estar todos!
🌳 Petición oficial: Parque "As Cacharolas".
Queremos que este agradecemento sexa eterno. Por iso, dende a asociación solicitaremos formalmente ao Concello que o parque do barrio pase a denominarse oficialmente Parque "As Cacharolas", como homenaxe a estas mulleres que uniron ao barrio.
Nadal tras Nadal dicimos que somos os reis do pequeno... pero este domingo imos demostrar o xigantes que é a nosa veciñanza!
Agardámosvos! 🙌❤️