Festas de Armental - Vilasantar

Cómo llegar

Festas de Armental - Vilasantar Nesta páxina publicarase información sobre as festas de Armental (Vilasantar) En Armental fanse 4 festas:

- O San Martiño (11 de Novembro).

Celébrase por norma xeral o domingo máis proximo a ese día.

- A Santa Lucía (13 de Decembro). Celébrase o día propio. Trátase dunha festa con un carácter moi relixioso debido a devoción que a xente ten por esta Santa. Normalmente fanse 3 misas ao longo da mañá.

- A Festa da Ascensión na Laxe. Celébrase o fin de semana seguinte ao xoves da Ascensión. O día propio tamén se fai unha misa nesa Igrexa.

- Festa da Romería Nova (2º fin de semana de Agosto). Trátase da principal festa da parroquia de Armental. Outros Acontecementos:

- En noiteboa faise un sorteo.
- Polo xeral, a noite do Xoves Santo realízase o campionato de tute.
- Dependendo da comisión, tamén se suele realizar algunha Cea-Baile

Ademáis véndense décimos para a Lotería de Nadal

27/10/2026

Queremos darvos as grazas de corazón a tod@s os que nos acompañastes na comida-baile do sábado.🫶🏼

Sabemos que cometemos algúns erros e que hai cousas que podemos mellorar, e comprometémonos a aprender deles para facelo mellor nos vindeiros eventos.

Temos unha parroquia marabillosa, chea de xente disposta a axudar e a colaborar, e iso é algo polo que nos sentimos moi agradecid@s.

Moitas, moitísimas grazas pola vosa axuda e por estar aí.

Sen vós, todo isto non sería posible❤️.

Esperamos vervos a tod@s na próxima!😉🥳

Ola de novo, parroquia! 🥳💚Esta vez traémosvos algo moi especial: cuncas e chaveiros/abridores que personalizamos con moi...
20/10/2026

Ola de novo, parroquia! 🥳💚

Esta vez traémosvos algo moi especial: cuncas e chaveiros/abridores que personalizamos con moito cariño😁

Como podedes ver na imaxe, os prezos son os seguintes:
☕ Cuncas: 5 € cada unha.
🔑 Chaveiros/abridores: 2 € cada un.

Facerte cos teus é moi sinxelo! Só tes que poñerte en contacto con calquera membro da comisión (Bea: 636 95 77 81 · Betty: 628 17 89 55 · Gelines: 646 73 51 57 · Karmen: 653 10 06 68 · Mari Luz: 647 81 23 63), achegarte a algún dos nosos eventos ou escribirnos directamente por aquí, a nosa conta de Instagram. 📩

Con cada compra, ademais de levar un recordo de Armental, estades colaborando con nós e axudándonos a facer posibles as festas do 2027. 💚🎉

Non quedes sen o teu! Porque Armental lévase no corazón… e agora tamén na cunca e no chaveiro/abridor! 😉🎊

BOAS PARROQUIA! Aquí vos traemos as camisetas da Comisión 2027! 🥳O seu prezo é de 10€ sen personalizar, pero se queres e...
07/10/2026

BOAS PARROQUIA!
Aquí vos traemos as camisetas da Comisión 2027! 🥳

O seu prezo é de 10€ sen personalizar, pero se queres engadir pola parte traseira o teu nome e o lugar ao que pertences, podes conseguir a túa por 15€.

Para facerte con ela tan só tes que poñerte en contacto con calquera membro da comisión e a lucila como se merece!😎

Por certo, que case se nos esquece…….
E TI, DE QUEN VÉS SENDO? 🤔

Boas a tod@s!🥰 Aquí vos deixamos o noso primeiro evento, unha comida-baile que se realizará o vindeiro 24 de outubro na ...
24/09/2026

Boas a tod@s!🥰
Aquí vos deixamos o noso primeiro evento, unha comida-baile que se realizará o vindeiro 24 de outubro na escola de Armental.
Esperamos vervos a tod@s que o imos pasar moi ben!!🥳🤩

Boas Parroquia!Xa estamos de volta por aquí, desta vez coa Lotería de Nadal🎄. O número co que xogamos é o 40.216 e agard...
10/09/2026

Boas Parroquia!

Xa estamos de volta por aquí, desta vez coa Lotería de Nadal🎄. O número co que xogamos é o 40.216 e agardamos que tod@s poidamos recoller algo de cartiños 🤑

Para conseguir os décimos podedes poñervos en contacto con calquera dos membros da comisión ou nalgúns dos establecementos que vos deixamos a continuación:

📍Bar O Castiñeiro - Vilasantar
📍Bar Lodeiro - Vilasantar
📍O Mesón - Présaras
📍Ferretería Miguelo - Présaras
📍Taberna Martís - San Vicente
📍Taberna de Bugallo - Vilariño
📍Bar O Suízo - Curtis
📍O encanto de Alba - Curtis

Moita sorte a tod@s! 🍀

Moi boas a tod@s! Somos a nova comisión de festas de Armental 2027 formada por cinco mulleres. De esquerda a dereita: Be...
08/09/2026

Moi boas a tod@s!
Somos a nova comisión de festas de Armental 2027 formada por cinco mulleres. De esquerda a dereita: Bea, Gelines, Karmen, Mª Luz e Betty.

A verdade é que nos pillou un pouco por sorpresa, pero, decidimos coller o reto con ilusión e seguir adiante.

Sabemos que organizar unhas festas non é tarefa doada, pero poñeremos todo o noso empeño, tempo e ilusión para facelo o mellor que poidamos.

E, como en todo, necesitamos contar con vós. Agardamos que nos apoiedes, que vos animedes a participar e, sobre todo, que veñades á festa, porque sen veciñ@s e sen ese ambiente que entre tod@s creamos, nada disto tería sentido.

Comezamos esta aventura con moita ilusión e con ganas de facelo ben. Esperamos vervos a tod@s nas festas e poder desfrutalas xunt@s.

Nós poñemos a ilusión, vós poñedes as ganas!🎉
VAMOS PARROQUIA!❤️

02/09/2026

Boas parroquia!🙋🏻‍♂️

Despois dunhas duras, pero divertidísimas, xornadas de festa toca despedirse... aínda que non de todo, vémonos en outras festas, e nós téndoas libres 🎉🎉

Temos que agradecervos o compromiso que mostrades sempre e a forma que tedes de acompañarnos no proceso, a nós e a todas as comisións.

Por último, a nova comisión, sentímolo moito, pero nada de axuda traballando, axudaremos facendo o maior ruido posible e alargando cada festa coma se fora a última 💃🏻🕺🏻

Veciñas e veciños, por fin podemos mostrarvos o noso cartel para a Romaría Nova!! Tíñamos que facelo ven bonito para vós...
22/07/2026

Veciñas e veciños, por fin podemos mostrarvos o noso cartel para a Romaría Nova!! Tíñamos que facelo ven bonito para vós...😜

Esperamos que esteades preparados para a gran churrascada de todos os anos, nós estamos máis que preparados 💪🏻

Apuntade ben estas datas: 7, 8 e 9. Días nos que teremos música ata a mañá do día seguinte, ou ata que os vosos pés non podan máis 💃🏻🕺🏻

Vémonos alí, estaremos esperando!!

Un ano máis, un éxito máis 💪🏻 Grazas parroquia por estar siempre e facelo posible. Especial agradecemento aos  ( Txema K...
23/05/2026

Un ano máis, un éxito máis 💪🏻 Grazas parroquia por estar siempre e facelo posible.

Especial agradecemento aos ( Txema Karniza Perez Lopez) por facelo increíble e cada ano mellor 😜

Por último, dende esta comisión quixemos agradecer e facer unha pequena honra ás tres persoas que son un claro exemplo para todos nós e que levaron unha vida de traballo e esforzo. Grazas por formar parte desta gran familia que temos na parroquia ❤️

Moitísimas grazas a todos, vémonos na próxima 🤝🏻

RECORDADE ÚLTIMO DÍA PARA RECOLLER A TUA ENTRADA‼️ Nos vemos o finde 🐎🐴🎉🎶🥓
13/05/2026

RECORDADE ÚLTIMO DÍA PARA RECOLLER A TUA ENTRADA‼️ Nos vemos o finde 🐎🐴🎉🎶🥓

Dirección

Eirixe/Armental
Vilasantar
15807

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Festas de Armental - Vilasantar publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Servicios De Planificación De Eventos cercanos