10/05/2026
Ledicia Costas chega a MUTA con Pel de cordeiro.
E non será unha presentación ao uso.
Haberá lectura, conversa e un encontro co público que irá collendo forma pouco a pouco, sen guión ríxido. Abrirase aos temas que xorden do libro e que van máis alá del.
Un formato distinto para achegarse á novela desde outro lugar.
Podes vir escoitar, participar se che apetece ou simplemente estar.
E ao rematar, quedamos cun viño, algo de picar e tempo para falar e asinar exemplares.
Venres 22 de maio · 20:00 h
MUTA · Vigo
Entrada 20 € + gastos de xestión · inclúe viño e petisco
Entradas no link da bio