16/03/2026
Dende a Irmandade de San Roque queremos expresar o noso pesar polo falecemento do xornalista vigués Fernando Franco, referente no mundo da información e da crónica social da nosa cidade.
Foi un verdadeiro honor que fose o primeiro pregoeiro da nosa romaría e sempre lembraremos aquel momento e as súas emotivas palabras con moito agarimo.
Todo o noso cariño e unha forte aperta para a súa familia e achegados nestes momentos difíciles.
Descanse en paz.