27/08/2026
Galicia viaxa a Manchester! 🏐
A Selección Galega Masculina Sub-17 xa ten novo reto. 💙🤍
O vindeiro 4 de setembro, a nosa selección viaxará a Manchester para participar no PCB International Tournament, unha competición que reúne seleccións de diferentes condados de Gran Bretaña e na que Galicia participará como selección convidada. 🌍🏐
Será unha viaxe moi especial: a primeira experiencia internacional da Selección Galega Sub-17, apenas unhas semanas despois do seu debut na Celtic Cup, disputada o pasado mes de xullo.
En Manchester, Galicia afrontará dous partidos na primeira fase:
🇬🇧 Warwickshire U17
⚔️ Galicia U17
E a continuación:
🏴 London U17
⚔️ Galicia U17
Un novo desafío para un grupo de xogadores que terá a oportunidade de competir, aprender e representar a Galicia máis alá das nosas fronteiras.
De Galicia a Manchester.
De debutar na Celtic Cup a competir internacionalmente. 🌍
Lista convocados: Martín Carrillo, Saturnino Penín, Manuel Rey, Xoel Granja, Oscar Pérez, Iker Naveiro, Martín Giao, Hugo Pérez, Antón Ramos, Pedro Muñoz, Anxo Moreno, Simón Rouco, Alexandre Fernández, Santiago Mecías, Alán García, Dani Illobre, Mateo Cabrera, Iker Rodriguez, Yeray Fontela e Rodrigo Sanjuas.
Comeza a viaxe. Comeza unha nova etapa. 💙
Puntogal Dominio Galego Gaelic Games Europe GAA Real Federación Galega de Fútbol - Futgal Acontravento Galiza Deporte Galego Selección Galega de Fútbol Gaélico