03/08/2023
Benquerid@s veciñ@s ,
Hoxe , primeiros de agosto , dirixímonos a vós para como xa é costume , facer un pouco de balance das celebracións deste ano : Comezamos en abril , cunha festa da xuventude na que enchemos o pobo , foi incrible ; seguimos en maio , recuperando unha festa moi querida sobre todo pola veciñanza da zona do cruce , a Festa dos Maios , a acollida qu tivo foi moito mellor da que nunca nos poderiamos esperar ; cando nos quixemos dar conta chegou o Carme , o buque insignia das nosas festas , comezou pasado por auga para dar paso a un sábado de cheo total e un domingo cunha procesión que capeou as dificultades para saír airosa.
Non quixeramos esquecernos da Festa da Navalla , que voltou 8 anos despois cunha acollida sin igual , foi unha das nosas apostas máis arriscadas e probablemente da que máis orgullosos nos sentimos. Non sería posible sen a colaboración de Confraría , Agrupación de mariscadores e de toda a xente que desinteresadamente vén a axudarnos , mil grazas.
Este foi un ano no que os trámites burocráticos e os imprevistos nos puxeron un pouco contra a parede , pero grazas ao traballo da organización e a toda a axuda e colaboración recibida puidemos darlle a Aguiño as festas que se merecen.
Para rematar quixéramos deixar un apartado de agradecementos , a vós , veciños e veciñas que colaborades con nós e nos apoiades en todo o que facemos ; a todos os establecemmentos e empresaas , tanto da parroquia como das demais zonas da contorna , que aportan tanto no económico como no material ; á corporación municipal , tanto á saínte como á de nova constitución ; aos propietarios dos locais que de maneira voluntaria nolo cederon para termos un sitio onde nos reunir e almacenar todo o necesario para as festas ; e en definitiva a todas aquelas persoas que depositan en nós a súa confianza , todo este proxecto non sería posible sen vós.
Rematamos o “ano festivo” (ou non) , esperamos de todo corazón ter estado á altura das expectativas. O noso máis sincero agradecemento.
Comisión de Festas de Aguiño.