Viladomar -máis alá dos muros-

Viladomar  -máis alá dos muros- Muralismo e arte pública Galega

21/07/2026

Que hai detrás de “Ondas”? 🌊 explícanos a idea que deu forma ao seu mural en Rianxo.

🎭Os roteiros teatralizados, da man de  , convidáronnos a redescubrir Rianxo a través dos murais, das súas historias e do...
16/07/2026

🎭Os roteiros teatralizados, da man de , convidáronnos a redescubrir Rianxo a través dos murais, das súas historias e dos personaxes que forman parte da nosa memoria colectiva.

Grazas a todas as persoas que vos sumastes a este paseo! 💙

📸

Seguimos compartindo algúns dos momentos que vivimos o pasado sábado na xornada de peche de Viladomar ✨Un deles foi a ma...
15/07/2026

Seguimos compartindo algúns dos momentos que vivimos o pasado sábado na xornada de peche de Viladomar ✨

Un deles foi a masterclass de mural con musgo impartida por 🌿
Ao longo da mañá, as persoas participantes descubriron como os elementos naturais poden converterse nunha ferramenta de creación artística, dando forma a un mural inspirado na figura dunha rianxeira.

Un obradoiro para experimentar, crear e descubrir novas formas de facer arte a partir dos materiais que nos ofrece a propia natureza.

Grazas a todas as persoas que vos achegastes a compartilo con nós! 💚

📸



13/07/2026

Resaca emocional 💙

Cada ano repetimos este pequeno ritual. Subir ao barco de , baixar o ritmo e deixar que todo o vivido asente.

Viladomar non se constrúe só durante a fin de semana. Constrúese moito antes, con ilusión, traballo e persoas que, coas súas vidas, rutinas e traballos habituais, abrazan este festival e adícanlle tempo para facer que vaia medrando cada ano.

Este paseo é un xeito de reforzar os lazos que sosteñen Viladomar e, sobre todo, de pasalo ben para que o poso que quede, sexa ben bonito e poidamos repetir para a vindeira edición coas mesmas ganas.

Pero ainda nos queda moito por ensinarvos. Nos próximos días iremos compartindo os murais xa rematados, todo o vivido durante a xornada do sábado e moitos desde pequenos momentos que fan que Viladomar sexa tan especial 🌊🦌

Detrás de cada edición hai un montón de persoas facendo que todo isto sexa posible 💙E tamén un merch que xa está listo p...
11/07/2026

Detrás de cada edición hai un montón de persoas facendo que todo isto sexa posible 💙

E tamén un merch que xa está listo para estrearse 👕

Se queredes facervos cunha camiseta ou gorro desta edición, agardámosvos no noso posto, na Festa na Praia e senon podes vir escríbenos e reservámosche unha!

📸

 aterra en Viladomar con algo de vértigo ante o seu primeiro mural de gran formato. Mais deseguido desprega un torrente ...
10/07/2026

aterra en Viladomar con algo de vértigo ante o seu primeiro mural de gran formato. Mais deseguido desprega un torrente de cores sólidas e elementos sintéticos, de bordos definidos e precisos, coma os mapas que a trouxeron desde Arxentina ata Galicia.

Con esa forza gráfica vai construíndo, peza a peza, a composición que cobre este muro de tres plantas. Un proceso no que conta tamén coa colaboración do artista , acompañándoa na execución da obra.

A veciñanza non tarda en decatarse: “Vese dende Santa Lucía!”

📍Podedes vela traballar en directo en Asados

📷



Antes de comezar a pintar,  dedicou tempo a escoitar. As historias contadas pola veciñanza de Buía e o imaxinario local,...
09/07/2026

Antes de comezar a pintar, dedicou tempo a escoitar. As historias contadas pola veciñanza de Buía e o imaxinario local, profundamente ligado á mitoloxía da contorna, convértense no punto de partida da súa obra.
A súa formación en arquitectura tamén está presente no proceso. Figuras que se descompoñen en planos de cor, cambios de perspectiva e volumes que transforman a escena e constrúen unha narrativa propia.
Un mural que non só fala do lugar no que se atopa, senón tamén das persoas que lle deron forma a través da súa memoria.
📍Podes velo traballar en directo na aldea de Buía (nun dos laterais da escola).
📷

Entre mural e mural… un paseo pola ría ⛵️Despois do roteiro teatralizado, ou simplemente se vos apetece rematar o día du...
09/07/2026

Entre mural e mural… un paseo pola ría ⛵️

Despois do roteiro teatralizado, ou simplemente se vos apetece rematar o día dunha maneira diferente, propoñémosvos un paseo en barco para desfrutar do solpor desde o mar.

📍 Porto de Rianxo
🕣 20:30 h
💶 25 € por persoa

As prazas son limitadas e requiren inscrición previa. A ligazón está na bio.

Actividade organizada por , en colaboración con , empresa especializada en recreo náutico.

Dirección

Rianxo
Rianjo

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Viladomar -máis alá dos muros- publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Viladomar -máis alá dos muros-:

Atajos

Compartir