Lana Animación Sociocultural

Lana Animación Sociocultural Profesional galega dedicada á animación sociocultural

📣 Dinamización comunitaria
🌱 Educación en valores
🏐 Xogos
🌟 Risoterapia
🎨 Obradoiros artísticos
💐 Ocio, animacións e eventos

Algunhas fotiños da comuñón do querido L. na privilexiada contorna da  🥰Coñecín a L. no 2020, cando era un pequeno anani...
08/06/2026

Algunhas fotiños da comuñón do querido L. na privilexiada contorna da 🥰

Coñecín a L. no 2020, cando era un pequeno ananiño 𝗰𝗵𝗲𝗼 𝗱𝗲 𝗲𝗺𝗽𝗮𝘁𝗶́𝗮, 𝘀𝗲𝗻𝘁𝗶𝗱𝗼 𝗱𝗮 𝘅𝘂𝘀𝘁𝗶𝘇𝗮 𝗲 𝗰𝘂𝗻𝗵𝗮 𝗰𝘂𝗿𝗶𝗼𝘀𝗶𝗱𝗮𝗱𝗲 𝗽𝗼𝗹𝗼 𝗳𝘂́𝘁𝗯𝗼𝗹 e o deporte que nunca parou de medrar. 🤸‍♀️🙌

Velo madurar a través dos diferentes eventos e servizos de conciliación é un 𝗽𝗿𝗶𝘃𝗶𝗹𝗲𝘅𝗶𝗼 𝗾𝘂𝗲 𝘀𝗼 𝗲𝗻𝘁𝗲𝗻𝗱𝗲𝗺𝗼𝘀 𝗾𝘂𝗲𝗻𝗲𝘀 𝗻𝗼𝘀 𝗱𝗲𝗱𝗶𝗰𝗮𝗺𝗼𝘀 𝗮 𝗶𝘀𝘁𝗼. Poder coñecer a un peque tanto como se fose da túa familia é un auténtico pracer. O rol de "monitora" cobra outro sentido, outra complicidade e humor que so pode outorgar 𝗼 𝗳𝗲𝗶𝘁𝗼 𝗱𝗲 𝘁𝗲𝗿 𝘂𝗻 𝗯𝗼 𝗳𝗲𝗶𝘅𝗲 𝗱𝗲 𝗮𝗻𝗲́𝗰𝗱𝗼𝘁𝗮𝘀, 𝗮𝗽𝗿𝗲𝗻𝗱𝗶𝘇𝗮𝘅𝗲𝘀 𝗲 𝗮𝘃𝗲𝗻𝘁𝘂𝗿𝗮𝘀 𝗰𝗼𝗺𝗽𝗮𝗿𝘁𝗶𝗱𝗮𝘀 𝗲𝗻 𝗰𝗼𝗺𝘂́𝗻. 😄

Grazas a súa familia por contar comigo para un día tan especial! A pesar de que a memoria non é un dos meus fortes, 𝘀𝗲𝗶 𝗾𝘂𝗲 𝗲𝘀𝘁𝗲 𝗱𝗶́𝗮 𝗲𝘂 𝘁𝗮𝗺𝗽𝗼𝘂𝗰𝗼 𝗼 𝗲𝘀𝗾𝘂𝗲𝗰𝗲𝗿𝗲𝗶 𝘅𝗮𝗺𝗮𝗶𝘀! 💚🌼🌿

Fotos das festiñas das últimas findes! 🥳Desta ca comuñón de N. cun grupo de seis pequerrechas beeen afíns e divertidas. ...
05/06/2026

Fotos das festiñas das últimas findes! 🥳

Desta ca comuñón de N. cun grupo de seis pequerrechas beeen afíns e divertidas. E logo fotiñas da Salvaterra Milenaria co obradoiro de heráldicas en medallóns de madeira e estandartes con retazos de teas. 😄💚🏳️

Para poder cadrar ca miña parella, esta semaniña que ven non atenderei novas solicitudes. Serán as primeiras vacacións e...
31/05/2026

Para poder cadrar ca miña parella, esta semaniña que ven non atenderei novas solicitudes. Serán as primeiras vacacións en case un ano de traballo, polo que grazas pola comprensión e desculpade as molestias xeradas. Prometo volver cas pilas a tope! 😄🥰🥳🌿

Algunhas fotiños do contacontos O Pirata Despistado de  e  😄🏴‍☠️🥳Grazas á  de Porriño por contar comigo os últimos dous ...
29/05/2026

Algunhas fotiños do contacontos O Pirata Despistado de e 😄🏴‍☠️🥳

Grazas á de Porriño por contar comigo os últimos dous xoves, tanto para o contacontos cos peques de Infantil como cas sesións de risoterapia cos peques de Primaria. Un gusto coñecer a familias tan participativas e con gañar de xogar! 🙌🥰🌿

Seguimos argallando propostas educativas á par que divertidas! 💪

O pasado domingo 𝟮𝟮 𝗽𝗲𝗾𝘂𝗲𝘀 𝗳𝗲𝘀𝘁𝗲𝘅𝗮𝗺𝗼𝘀 𝗰𝗼𝗻 𝗱𝗲𝗰𝗲𝗻𝗮𝘀 𝗱𝗲 𝘅𝗼𝗴𝗼𝘀 𝗼 𝟰° 𝗮𝗻𝗶𝘃𝗲𝗿𝘀𝗮𝗿𝗶𝗼 𝗱𝗮, xa non tan pequena, 𝗟. Unha peque 𝗰𝗵𝗲𝗮 𝗱...
28/05/2026

O pasado domingo 𝟮𝟮 𝗽𝗲𝗾𝘂𝗲𝘀 𝗳𝗲𝘀𝘁𝗲𝘅𝗮𝗺𝗼𝘀 𝗰𝗼𝗻 𝗱𝗲𝗰𝗲𝗻𝗮𝘀 𝗱𝗲 𝘅𝗼𝗴𝗼𝘀 𝗼 𝟰° 𝗮𝗻𝗶𝘃𝗲𝗿𝘀𝗮𝗿𝗶𝗼 𝗱𝗮, xa non tan pequena, 𝗟.

Unha peque 𝗰𝗵𝗲𝗮 𝗱𝗲 𝗹𝗲𝗱𝗶𝗰𝗶𝗮, 𝗲𝗺𝗽𝗮𝘁𝗶́𝗮 𝗲 𝘁𝗲𝗻𝗿𝘂𝗿𝗮 que tiven o pracer de coñecer na Xogoteca de Primavera do Santa Mariña de Cabral. 🌿

A verdade que a súa familia tivo mil e un detalles comigo e con tódolos asistentes, e é destes aniversarios cos que saes co corazonciño máis quente do que entraches.

Que día tan xeitoso e que rápido se me pasou, jo. 𝗚𝗿𝗮𝗰𝗶𝗻̃𝗮𝘀 𝗽𝗼𝗿 𝗱𝗲𝗶𝘅𝗮𝗿𝗺𝗲 𝗳𝗼𝗿𝗺𝗮𝗿 𝗽𝗮𝗿𝘁𝗲 𝗱𝗲𝗹. 💚

Por certo, a ubicación do 𝗣𝗮𝗿𝗾𝘂𝗲 𝗱𝗲 𝗠𝗲𝗶𝗿𝗮 (𝗠𝗼𝗮𝗻̃𝗮), onde o festexamos, me parece espectacular. Teño pendente de facer a entrada cos meus lugares favoritos para facer festiñas ao aire libre.

PD: 𝗔𝗱𝗶𝘃𝗶𝗻̃𝗮𝗱𝗲𝘀 𝗰𝗮𝗹 𝗲́ 𝗮 𝘁𝗲𝗺𝗮́𝘁𝗶𝗰𝗮 𝗱𝗼 𝗮𝗻𝗶𝘃𝗲𝗿𝘀𝗮𝗿𝗶𝗼? Hai múltiples pistas nas fotos. 🤫😁

A nai de S. tiña unha única preocupación para a súa comuñón: debido a experiencias pasadas, 𝘁𝗶ñ𝗮 𝗺𝗲𝗱𝗼 𝗱𝗲 𝗾𝘂𝗲 𝗼𝘀 𝗽𝗲𝗾𝘂𝗲𝘀 𝘀...
18/05/2026

A nai de S. tiña unha única preocupación para a súa comuñón: debido a experiencias pasadas, 𝘁𝗶ñ𝗮 𝗺𝗲𝗱𝗼 𝗱𝗲 𝗾𝘂𝗲 𝗼𝘀 𝗽𝗲𝗾𝘂𝗲𝘀 𝘀𝗲 𝗮𝗯𝘂𝗿𝗿𝗶𝘀𝗲𝗻 𝗼𝘂 𝗻𝗼𝗻 ❞𝗰𝗼𝗻𝗲𝗰𝘁𝗮𝘀𝗲𝗻❞ co equipo de animación.

E eu aquí teño que dicir algo moi claro: 𝗰𝗼ñ𝗲𝗰𝗲𝗿 𝗮 𝗰𝗮𝗱𝗮 𝗴𝗿𝘂𝗽𝗼 𝗲́ 𝗖𝗛𝗔𝗩𝗘, e por iso eu, cando me contactades, vos vou atiborrar a preguntas. 😂

Pois inda que un bo animador/a ten que saber ler ben no momento as necesidades e intereses do grupo, 𝗺𝗼𝗶𝘁𝗼 𝗱𝗲𝘀𝗲 𝘁𝗿𝗮𝗯𝗮𝗹𝗹𝗼 𝘁𝗮𝗺𝗲́𝗻 𝘀𝗲 𝗽𝗼𝗱𝗲 𝗳𝗮𝗰𝗲𝗿 𝗻𝗮 𝗽𝗮𝗿𝘁𝗲 𝗽𝗿𝗲𝘃𝗶𝗮 𝗱𝗮 𝗮𝗻𝗶𝗺𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻, con preguntas como:

👉 Cantos peques serán?
👉 De que idades?
👉 Como é o espazo do que dispoñemos?
👉 Que lles gusta: xogos máis deportivos? Máis artísticos? Máis de pensar?
👉 Queredes que haxa temática?
👉 Hai algún peque do que sexa importante ter en conta algunha necesidade concreta? (exemplos: cadeiras de rodas, alerxia ás abellas, que non lles gusten os xogos competitivos e se frustren, que non toleren os ruídos fortes… etc.)

Estas preguntas, contestadas con honestidade e lonxe de seren para emitir ningún tipo de xuízo, 𝗻𝗼𝘀 𝗮𝘅𝘂𝗱𝗮𝗻 𝗮𝗼𝘀 𝗮𝗻𝗶𝗺𝗮𝗱𝗼𝗿𝗲𝘀/𝗮𝘀, 𝘅𝘂𝗻𝘁𝗼 𝗰𝗮 𝗳𝗼𝗿𝗺𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗲 𝗮 𝗲𝘅𝗽𝗲𝗿𝗶𝗲𝗻𝗰𝗶𝗮, a facer as adaptacións e personalizacións oportunas. Por iso, non me xulguedes cando volas faga, que 𝗾𝘂𝗲𝗿𝗼 𝗾𝘂𝗲 𝘁𝗼𝗱𝗼 𝘀𝗮𝗶𝗮 𝗽𝗲𝗿𝗳𝗲𝗰𝘁𝗼 𝘁𝗮𝗻𝘁𝗼 𝗰𝗼𝗺𝗮 𝘃𝗼́𝘀! 😂😄🥳

E, por suposto, na comuñón de S. pasámolo p**a! Grazas por contar comigo. 😄

Comecei nesta profesión ca idea de 𝗮𝗽𝗿𝗼𝘃𝗲𝗶𝘁𝗮𝗿 𝗮 𝗺𝗶𝗻̃𝗮 𝘃𝗶𝗱𝗶𝗻̃𝗮 𝗽𝗮𝗿𝗮 𝗽𝗿𝗼𝗰𝘂𝗿𝗮𝗿 𝗳𝗮𝗰𝗲𝗿 𝗳𝗲𝗹𝗶𝗰𝗲𝘀 𝗮𝗼 𝗺𝗮𝗶𝗼𝗿 𝗻𝘂́𝗺𝗲𝗿𝗼 𝗱𝗲 𝗽𝗲𝗿𝘀𝗼𝗮𝘀 𝗽𝗼...
16/05/2026

Comecei nesta profesión ca idea de 𝗮𝗽𝗿𝗼𝘃𝗲𝗶𝘁𝗮𝗿 𝗮 𝗺𝗶𝗻̃𝗮 𝘃𝗶𝗱𝗶𝗻̃𝗮 𝗽𝗮𝗿𝗮 𝗽𝗿𝗼𝗰𝘂𝗿𝗮𝗿 𝗳𝗮𝗰𝗲𝗿 𝗳𝗲𝗹𝗶𝗰𝗲𝘀 𝗮𝗼 𝗺𝗮𝗶𝗼𝗿 𝗻𝘂́𝗺𝗲𝗿𝗼 𝗱𝗲 𝗽𝗲𝗿𝘀𝗼𝗮𝘀 𝗽𝗼𝘀𝗶𝗯𝗹𝗲 (que é jipi e ten un puntiño de complexo de salvadora? Pois S.I. 😂).

Co paso dos anos doume conta que, no fondo, a exerzo porque ten un punto beeeen egoísta. E é que 𝗲𝘀𝗮 𝗳𝗲𝗹𝗶𝗰𝗶𝗱𝗮𝗱𝗲 𝗾𝘂𝗲 𝗲𝘂 𝗾𝘂𝗲𝗿𝗶́𝗮 ❞𝗱𝗮𝗿❞ 𝗮𝗼𝘀 𝗱𝗲𝗺𝗮𝗶𝘀, 𝘃𝗲𝗻𝗺𝗲 𝘀𝗲𝗺𝗽𝗿𝗲 𝗺𝘂𝗹𝘁𝗶𝗽𝗹𝗶𝗰𝗮𝗱𝗮 𝗱𝗲 𝘃𝗼𝗹𝘁𝗮 𝘅𝟭𝟬𝟬𝟬. 🤷‍♀️

Quen me coñece en persoa sabe que non pretendo ser cursi, pois a miña parella é testemuña disto, xa que a pobre 𝘁𝗲𝗻 𝗮 𝗰𝗮𝗯𝗲𝘇𝗮 𝗙𝗥𝗜𝗧𝗔 cas miñas lerias e anécdotas diarias (grazas por aturarme tanto .bargielacasado 🥲). Pero é que literal volvo feliz de TÓDOLOS servizos. Sen excepción nin esaxeración ningunha, leñe hahaha.

👉 Volvo feliz despois dun obradoiro de manualidades co monitorado de

👉 Dunha sesión de risoterapia cos maiores de

👉 Dunha festa con

👉 Dun concertaso con

👉 Dunha extraescolar de educación emocional e diversidade con

👉 Dunha parola coa

👉 Dunha Tribo de Experimentos cos meus amoriños da

👉 Dunha parola con a pesar de que a vida adulta nos distancie un chisquiño-bastante, sempre estades aquí 💚

👉 Ou dunha tarde de xogos nas festiñas infantís cas familias e asociacións que contades comigo para o voso día a día. 😄

Seguimos sumando aprendizaxes, experiencias, anécdotas, reflexións e moito desfrute por poder dedicarme a isto.

Oxalá dure moito, ou dure, máis ben, o que teña que durar. Así que nada… Que saibades que aprendo moitísimo de todas vós e que 𝗴𝗿𝗮𝘇𝗮𝘀 𝗽𝗼𝗿 𝗱𝗲𝗶𝘅𝗮𝗿𝗺𝗲 𝗳𝗼𝗿𝗺𝗮𝗿 𝗽𝗮𝗿𝘁𝗲, 𝗶́𝗻𝗱𝗮 𝗾𝘂𝗲 𝘀𝗲𝘅𝗮 𝘂𝗻 𝗰𝗵𝗶𝘀𝗾𝘂𝗶𝗻̃𝗼, 𝗱𝗮𝘀 𝘃𝗼𝘀𝗮𝘀 𝘃𝗶𝗱𝗮𝘀. 🥹

PD: buscade a cara cabreada nas fotos. Nivel: difícil.

Se buscades un servizo de conciliación no verán onde 𝘀𝗲 𝗽𝗿𝗶𝗼𝗿𝗶𝗰𝗲 𝗼 𝘃𝗶́𝗻𝗰𝘂𝗹𝗼 𝗱𝗼 𝘃𝗼𝘀𝗼 𝗽𝗲𝗾𝘂𝗲 tanto coas educadoras como co ...
13/05/2026

Se buscades un servizo de conciliación no verán onde 𝘀𝗲 𝗽𝗿𝗶𝗼𝗿𝗶𝗰𝗲 𝗼 𝘃𝗶́𝗻𝗰𝘂𝗹𝗼 𝗱𝗼 𝘃𝗼𝘀𝗼 𝗽𝗲𝗾𝘂𝗲 tanto coas educadoras como co resto do grupo, nun 𝗲𝗻𝘁𝗼𝗿𝗻𝗼 𝗰𝗮́𝗹𝗶𝗱𝗼, 𝗰𝗲𝗿𝗰𝗮́𝗻 𝗲 𝗳𝗮𝗺𝗶𝗹𝗶𝗮𝗿, a nosa Xogoteca pode ser o voso sitiño 🥰

Ao longo de todo o verán, 𝗲𝘀𝘁𝗮𝗿𝗲𝗺𝗼𝘀 𝘅𝗼𝗴𝗮𝗻𝗱𝗼, 𝗲𝘅𝗽𝗲𝗿𝗶𝗺𝗲𝗻𝘁𝗮𝗻𝗱𝗼, 𝗺𝗮𝗻𝗰𝗵𝗮́𝗻𝗱𝗼𝗻𝗼𝘀, 𝗳𝗮𝗰𝗲𝗻𝗱𝗼 𝗽𝗿𝗼𝗽𝗼𝘀𝘁𝗮𝘀 𝗮𝗿𝘁𝗶́𝘀𝘁𝗶𝗰𝗮𝘀, 𝗱𝗲𝗽𝗼𝗿𝘁𝗶𝘃𝗮𝘀, 𝗮𝗰𝘁𝗶𝘃𝗶𝗱𝗮𝗱𝗲𝘀 𝗻𝗮 𝗻𝗮𝘁𝘂𝗿𝗲𝘇𝗮, 𝗳𝗲𝘀𝘁𝗮𝘀 𝘁𝗲𝗺𝗮́𝘁𝗶𝗰𝗮𝘀, 𝗰𝗼𝗻𝘁𝗼𝘀, 𝗺𝘂́𝘀𝗶𝗰𝗮, 𝗮𝘂𝗴𝗮, 𝗲𝘅𝗰𝘂𝗿𝘀𝗶𝗼́𝗻𝘀 𝗲 𝘂𝗻 𝗯𝗼 𝗳𝗲𝗶𝘅𝗲 𝗱𝗲 𝗮𝘃𝗲𝗻𝘁𝘂𝗿𝗮𝘀 cos que procuramos un verán inesquecible! 🥳

As familias teredes 𝗰𝗼𝗻𝘁𝗮𝗰𝘁𝗼 𝗱𝗶𝗿𝗲𝗰𝘁𝗼 𝗲 𝗱𝗶𝗮𝗿𝗶𝗼 cas educadoras, e tamén poderedes achegarvos á Xogoteca sempre que vos apeteza, participar nas actividades ou colaborar nas propostas 😊

Estamos 𝗽𝗼𝗻̃𝗲́𝗻𝗱𝗼𝗹𝗹𝗲 𝗺𝗼𝗼𝗼𝗶𝘁𝗼 𝗰𝗮𝗿𝗶𝗻̃𝗼 𝗮𝗼 𝗽𝗿𝗼𝘅𝗲𝗰𝘁𝗼 para que os e as peques desfruten, fagan novas amizades, se sintan felices e acompañadas e vivan un verán divertido e cheo de lembranzas chulas! 🤗

Calquera dúbida ou inquedanza, podedes escribirme con total liberdade e sen compromiso no 𝟲𝟮𝟯 𝟭𝟭 𝟮𝟰 𝟭𝟭 (Lana) ou asistir á xornada gratuita de portas abertas o 30 de maio! 😄🌿🙌

Seguimos creando festiñas infantís onde o xogo, o desfrute e a amizade son o nexo máis importante.Teño a axenda de maio ...
08/05/2026

Seguimos creando festiñas infantís onde o xogo, o desfrute e a amizade son o nexo máis importante.

Teño a axenda de maio completa, e a verdade que non dou crédito da confianza que moitas familias estades a depositar en min. 🥲

Teño algo de medo xa que o proxectiño non para de medrar, e sinto que a veces isto se me queda grande. Pero vaia, sigo poñéndolle todo o amor e ilusión do mundo a cada propostiña.

Graciñas por confiar. 💚🌿

PD: fotiños das festas realizadas para 🤗

Festas de pós holi e outras excusas para mancharnos! 😉Na tradición da India, 𝗮𝘀 𝗳𝗲𝘀𝘁𝗮𝘀 𝗛𝗼𝗹𝗶 𝗱𝗮𝗻 𝗮 𝗯𝗲𝗻𝘃𝗶𝗱𝗮 𝗮́ 𝗽𝗿𝗶𝗺𝗮𝘃𝗲𝗿𝗮. ...
29/04/2026

Festas de pós holi e outras excusas para mancharnos! 😉

Na tradición da India, 𝗮𝘀 𝗳𝗲𝘀𝘁𝗮𝘀 𝗛𝗼𝗹𝗶 𝗱𝗮𝗻 𝗮 𝗯𝗲𝗻𝘃𝗶𝗱𝗮 𝗮́ 𝗽𝗿𝗶𝗺𝗮𝘃𝗲𝗿𝗮. A xente lánzase os pós de cores como símbolo de fraternidade entre persoas, onde non hai nin razas nin clases sociais, pois todos/as acabamos igual: cheíños de cores vivas e mesturadas.

Estanse a converter nunha das miñas actividades favoritas, e é que os pós nos invitan tamén a soltarnos, a romper co clásico “non te manches” e a 𝗽𝗲𝗿𝗺𝗶𝘁𝗶𝗿𝗻𝗼𝘀 𝘀𝗶𝗺𝗽𝗹𝗲𝗺𝗲𝗻𝘁𝗲 𝗰𝗼𝗿𝗿𝗲𝗿, 𝗯𝗿𝗶𝗻𝗰𝗮𝗿, 𝗲𝘀𝗾𝘂𝗶𝘃𝗮𝗿 𝗲 𝘅𝗼𝗴𝗮𝗿.

Ao final, 𝗼𝘀 𝗻𝗼𝘀𝗼𝘀 𝗰𝗼𝗿𝗽𝗼𝘀 𝘀𝗲𝗺𝗲𝗹𝗹𝗮𝗻 𝗽𝗼𝗿 𝘂𝗻 𝘀𝗲𝗴𝘂𝗻𝗱𝗼 𝗽𝗶𝗻𝘁𝗼𝗿𝗲𝘀𝗰𝗼𝘀 𝗹𝗲𝗻𝘇𝗼𝘀, e nun mundo que a veces nos pide orde e control constantemente, esta festiña ten un puntiño pequeno de rebelión. 🌈

Con todo, graciñas familias por permitirnos festexar, e 𝗴𝗿𝗮𝘇𝗮𝘀 𝘁𝗮𝗺𝗲́𝗻, 𝗹𝗮𝘃𝗮𝗱𝗼𝗿𝗮𝘀, 𝗽𝗼𝗿 𝗲𝘅𝗶𝘀𝘁𝗶𝗿! 😂

Dirección

Redondela

Teléfono

+34623112411

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Lana Animación Sociocultural publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Lana Animación Sociocultural:

Compartir