A Banda de Música Xuvenil de Xinzo (BMXX), iniciou a súa nova etapa no ano 1979, cando un grupo de rapaces iniciáronse na música da man do mestre D. José Guillén Lorenzo (Músico Profesional da Banda Militar do Cuartel de Barreiro en Vigo). O 28 de Xuño de 1981, fixo o seu concerto de presentación na parroquia. Ao longo dos primeiros anos foron varios os directores que traballaron para que esta agr
upación fose acadando o nivel co que hoxe conta, e así podemos destacar a D. Bolivar González Rodríguez, D. Sergio Hurtado Carrascosa e D. Tamén durante este tempo foron varios os músicos desta agrupación que acabaron por dedicarse profesionalmente á música, Delio, José Luís, Yolanda e Marcos Represas Carrera, José Ángel Presa, Benito Porto, Feliciano Cebreiro, Andrés Covelo, Fernando Abreu, etc. Un destes músicos, formado no seo da banda, D. Miguel Anxo Castro Carrera, foi o encargado de dirixir a banda dende o ano 1996, ata maio de 2006. A partir de maio de 2006, e ata decembro de 2007, a banda estivo dirixida por D. Álvaro Varela Ferradáns. Neste período impulsouse de xeito decidido a Escola de Música de Xinzo, impartíndose novas especialidades musicais, aumentando o número de alumnos da mesma, e dando os primeiros pasos para crear a Banda da Escola de Música de Xinzo. A cal se presentou oficialmente na parroquia cun concerto no Centro Cultural en decembro de 2007. En xaneiro de 2008, cambia novamente a dirección da banda, e colle a batuta D. Iñaki Lecumberri Camps. Dende outubro de 2008 ata marzo de 2011, a dirección desta agrupación correu a cargo de D. César Núñez Pérez. Destacando desta etapa a gravación do primeiro CD editado pola propia Banda. A finais de marzo de 2011 ata decembro de 2014 asume a dirección da banda D. Juan Carlos Díaz Álvarez. Nesta etapa gravouse, en colaboración coa Fundación Reveriano Soutullo, un CD composto integramente por pezas inéditas para banda do compositor ponteareán D. Reveriano Soutullo Otero. No ano 2014 a Banda de Música Xuvenil de Xinzo recibe o “Premio Concello de Ponteareas” pola súa contribución no eido cultural. Dende finais de xaneiro de 2015 e ata setembro de 2015 asume a batuta da banda D. José Javier Bascoy Iglesias, seguido por D. Ángel Antonio Montes Abalde ata outubro de 2016. Dende outubro de 2016 ata marzo de 2018 a dirección corre a cargo de D. Roberto Sánchez Barreiro. Nestes dous anos (2015 e 2016) a Banda de Música Xuvenil de Xinzo iníciase nun proceso de actualización da súa imaxe e organización que permitan continuar co seu continuo crecemento dunha forma sólida. No ano 2017 a Banda de Música Xuvenil de Xinzo recibe o Premio AGADER á mellor iniciativa xuvenil que fomenta o desenvolvemento rural. Premio concedido pola Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia. En decembro dese ano, a Banda de Música Xuvenil de Xinzo presenta nun concerto na parroquia, a Coral Cantares de Xinzo. Na actualidade e dende abril de 2017 a dirección da Banda de Música Xuvenil de Xinzo corre a cargo de D. Javier Blanco González. A Banda de Música Xuvenil de Xinzo conta con escola de música propia na que se imparten todas as disciplinas instrumentais. Neste curso escolar conta con máis de 100 alumnos matriculados que auguran un futuro prometedor a esta agrupación musical. Por último, en marzo de 2017, a Banda de Música Xuvenil de Xinzo constitúe a súa propia Fundación co nome de “Fundación Musical de Xinzo”, a cal representa a primeira fundación de interese galego que se crea en exclusiva a partires dunha Banda de Música. A Fundación xurde como necesidade de aumentar a visibilidade da asociación, de buscarlle un mellor encaixe xurídico e de obter maiores recursos económicos para asegurar un crecemento sólido.