16/02/2025
Boas tardes a todos!
Dende a Comisión Virxen dos Dores de San Martiño de Poio queremos comunicarlle a toda a veciñanza que dende fai quince días e durante os vindeiros fins de semana os compoñentes da comisión estaremos pedindo porta por porta co fin de recaudación para poder celebrar o gran día.
Somos unha pequena comisión que o ano pasado conseguemos recuperar a Festa dos Dores que se perdera ai vintecinco anos e queremos seguir mantendoa viva!
Sabemos que os tempos corren con dificultade e por iso que agradecemos calquer pequena axuda e colaboración dos nosos vecinos.
Contamos con un programa para todas as edades defendendo as nosas tradicions e cultura.
Traballamos duro e en equipo para que a Festa siga e o pobo disfrute.
Pronto iremos informando da nosa programación e as nosas novidades!
Graciñas de anteman !!