Liceo Mutante

Liceo Mutante Liceo Mutante, asociación que dende 2011 leva promovendo a cultura autoxestionada en Pontevedra. Faino ti mesmo! Hazlo tú mismo!
(379)

O Liceo Mutante é unha asociación cultural sita en Pontevedra que pretende ofrecer unha alternativa ás propostas privadas que existen na cidade mediante a creación de un espazo autoxestionado para a creación cultural, a interacción, a experimentación e a transformación social. Sen ánimo de lucro!
||||||||
El Liceo Mutante es una asociación cultural sita en Pontevedra que pretende ofrecer unha alt

ernativa a las propuestas privadas que existen en la ciudad mediante la creación de un espacio autogestionado para la creación cultural, la interacción, la experimentación y la transformación social. Sin ánimo de lucro!
||||||||
Liceo Mutante is a diy non profit and free thinking institution that promote cultural activities, experimentation and critical thinking in the city of Pontevedra.


||||||||
Estamos en / We are at:
c/ Rosalía de Castro nº 100 36002 Pontevedra, España
[email protected]

Todxs á mani!
24/05/2026

Todxs á mani!

Mutantada toda!Ante a imposibilidade de seguir desenvolvendo as nosas actividades con normalidade vémonos na obriga de a...
11/05/2026

Mutantada toda!

Ante a imposibilidade de seguir desenvolvendo as nosas actividades con normalidade vémonos na obriga de anunciar que o Liceo Mutante ten que marchar de Afonso XIII.

Tomaremos un tempo de reflexión para valorar a viabilidade e o futuro do proxecto. Son quince anos de autoxestión, comunidade, momentos fermosos... pero tamén de loitas e problemas continuos.

Igual non é este o momento para deixar por escrito a tristeza e rabia que nos produce a terrible deriva cultural, social e inmobiliaria da nosa cidade. Os prezos de alugueiro e a especulación inmobiliaria esnaquizan vidas e arrasan con calquera tipo de proposta que non teña un propósito comercial. E a moral que iso implica lévanos cara un abismo. Pero resistiremos.

Pensamos en todas vós, en nós, na xente que estivo antes no Liceo e na que podería estar no futuro. Sabemos que nos apoiades, pero manter no tempo un centro social autoxestionado é unha misión case imposible hoxe en día, xa que hai moitas variables que non dependen de nós. E a descontinuidade temporal dos espazos é unha cousa que non podemos controlar (explicado doutro xeito: que ir dun local a outro, e abrir e pechar Liceos é un proceso difícil e complexo que ademais non depende de nós, senón de caseiras, veciñas, administracións, mercados, etc.)

Pedímosvos que entendades a situación e que esteades atentas. E que non deixedes de apoiar os centros sociais e outras formas de vivir e xestionar a vida e a cultura máis alá do negocio inmobiliario, dos macrofestivais e dos algoritmos.

Sexa cal sexa a decisión que tomemos, todas nós seguiremos no camiño da cultura libre, da solidariedade e da arte como encontro colectivo e non como negocio.

Iso si, vémonos o día 27 de maio no salón de actos do edificio sindical para o concerto de Kuntari! Que de aquí non marchamos sen quedarmos pra mañá!

Longa vida ao Mutante!

Seica seguimos!
27/03/2026

Seica seguimos!

Máis vale tarde que PATATÁN!Aínda queda mes, vémonos
16/02/2026

Máis vale tarde que PATATÁN!

Aínda queda mes, vémonos

Traiamos un andar así miudiño dende o comezo do ano pero levamos o carro cheo para o que queda de mes.Ollo aíComo gran n...
13/01/2026

Traiamos un andar así miudiño dende o comezo do ano pero levamos o carro cheo para o que queda de mes.
Ollo aí
Como gran novidade, sabede que abriremos portas os venres 16, 23 e 30 a partir das 19:00 para que veñades tomarlle algo, escoitar algo de música ou a paliquear tranquilamente.

Abaixo o fascismo e viva Palestina libre!

Ola ola!Esta ano fixemos uns almanaques ben bonitos cunha ilustración do master Ron Regé Jr.Tédelos a vosa disposición n...
23/12/2025

Ola ola!
Esta ano fixemos uns almanaques ben bonitos cunha ilustración do master Ron Regé Jr.
Tédelos a vosa disposición nos seguintes espazos amigos:
Libraría Paz (Pontevedra)
Libraría Metáfora (Pontevedra)
Libraría Seijas (Pontevedra)
Elmuelle1931 shop (Santiago D.C.)

Moitas grazas a todos eles pola colaboración!

Non quedes sen o teu, que logo non sabes en que día vives!

EeepaaaaQuedounos atrás a axenda do mesEnterremos o ano xuntas!
12/12/2025

Eeepaaaa
Quedounos atrás a axenda do mes
Enterremos o ano xuntas!

Epa! Que xa están dispoñibles os nosos tradicionais almanaques! O de 2026 vén cun fermoso deseño do noso querido Ron Reg...
19/11/2025

Epa! Que xa están dispoñibles os nosos tradicionais almanaques! O de 2026 vén cun fermoso deseño do noso querido Ron Regé Jr. e, como xa temos local, podédelo conseguir alí mesmo por un módico prezo de 10 € para colaborar coa causa mutante.

Lembrade que mañá mesmo, xoves, temos concerto, por se non queredes quedar sen el. Bulide que só hai 150!

E quedou un novembro ben bonito!A ilustración é do gran Ron Regé Jr.
31/10/2025

E quedou un novembro ben bonito!

A ilustración é do gran Ron Regé Jr.

O 8 de novembro na Praza da Pedreira magosto asociativo en solidariedade con Palestina
27/10/2025

O 8 de novembro na Praza da Pedreira magosto asociativo en solidariedade con Palestina

Dirección

Rúa De Afonso XIII, Nº 9
Pontevedra
36002

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Liceo Mutante publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Liceo Mutante:

Compartir