Federación Galega de Piragüismo

Federación Galega de Piragüismo Federación Galega de Piragüismo (FEGAPI)

16/06/2026
16/06/2026

O vilanovés vén de gañar o seu primeiro metal en barco olímpico na categoría absoluta nunha gran cita, o Europeo, e enfócase na última copa do mundo

A FEGAPI colabora coa Fundación María José Jove no 9.º Open Náutico EsfuerzaA integración no deporte é clave para constr...
16/06/2026

A FEGAPI colabora coa Fundación María José Jove no 9.º Open Náutico Esfuerza

A integración no deporte é clave para construír unha sociedade máis inclusiva, participativa e igualitaria. O 9.º Open Náutico Esfuerza volve poñer en valor o piragüismo como espazo de encontro, superación e participación para persoas con diferentes capacidades.

O labor da Fundación María José Jove resulta fundamental para facer posible esta iniciativa, achegando o deporte, o mar e a competición a persoas que atopan no piragüismo unha oportunidade de convivencia, aprendizaxe e inclusión.

Desde hai anos, a FEGAPI colabora con esta iniciativa xunto cos equipos arbitrais, asumindo os custos necesarios para que as probas se desenvolvan con seguridade, organización e garantías técnicas. Un compromiso firme cun piragüismo galego aberto, accesible e de calidade.

15/06/2026
15/06/2026
15/06/2026
15/06/2026

🚣 Gran fin de semana para o piragüismo galego no Campionato de Europa en Portugal

🥇 Lucía Val e Sara Ouzande, ouro no K4 500 feminino
🥇 Antía Jácome, OLY, Manuel Fontán e Diego Domínguez, ouro no C4 500 mixto
🥇 Ouro de Carlos Arévalo López en K1 200
🥈 Pablo Graña, prata no C1 200
🥈 Carlos Arévalo López e Rodrigo Germade, prata no K4 500 masculino
🥈 Diego Domínguez e Manuel Fontán, prata en C2 500
🥈 Araceli Menduinña, prata no K2 200 mixto de paracanoe

👏 Parabéns!

📸 Real Federación Española de Piragüismo

15/06/2026

🏆 Manu Ochoa sobe ao máis alto do podio na Copa do Mundo de Augsburgo de Piragüismo Slalom

🥇 O deportista conseguiu o ouro na proba de caiac cross contrarreloxo

👏🏻 Moitos parabéns!

📸

🛶 ‘𝐏𝐚𝐝𝐞𝐱𝐚 𝐜𝐨𝐧 𝐧𝐨́𝐬’ 𝐞𝐧 𝐋𝐮𝐠𝐨 🛶📝 A Federación Galega de Piragüismo vén de rematar o cuarto e último curso de formación bás...
15/06/2026

🛶 ‘𝐏𝐚𝐝𝐞𝐱𝐚 𝐜𝐨𝐧 𝐧𝐨́𝐬’ 𝐞𝐧 𝐋𝐮𝐠𝐨 🛶

📝 A Federación Galega de Piragüismo vén de rematar o cuarto e último curso de formación básica do programa ‘Padexa con nós’ que desembocará na constitución da primeira ‘Rede Galega de Voluntariado Náutico Seguro’.

✅ O curso celebrado nas instalacións do Club Piragüismo Cidade de Lugo contou con 12 novos voluntarios que pasan a formar parte da devandita rede, podendo prestar apoio loxístico e de seguridade nas probas deportivas náuticas. Grazas ao apoio da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, Galicia contará cun voluntariado profesionalizado que complementará e mellorará a capacitación, coordinación e eficacia da seguridade dos eventos deportivos.

🦺 O curso de 15 horas de formación, gratuíto e desenvolto ao longo desta fin de semana, contou con tres módulos de contidos. O primeiro, dedicado á ‘Prevención de accidentes en probas deportivas náuticas’, o segundo, ‘Primeiros auxilios, RCP e uso do DEA’ e o terceiro, ‘ Rescate de deportistas en probas náuticas’.

📆 Tras a celebración de todas as formacións básicas de ‘Padexa con nós’, a fin de semana que vén dará comezo o curso de formación superior en Verducido.

⚠️ O curso estará limitado a 20 persoas e os participantes escolleranse por orde de inscrición. Para facelo cómpre enviar un correo ao enderezo electrónico [email protected], chamar aos teléfonos da federación ou utilizar as canles habituais de comunicación.

Dirección

Rúa Gavián, S/N Encoro De Pontillón De Castro
Pontevedra
36151

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 14:30
16:00 - 21:00
Martes 09:00 - 14:30
16:00 - 21:00
Miércoles 09:00 - 14:30
16:00 - 21:00
Jueves 09:00 - 14:30
16:00 - 21:00
Viernes 09:00 - 14:30
16:00 - 21:00
Sábado 09:00 - 14:30
16:00 - 21:00
Domingo 10:00 - 14:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Federación Galega de Piragüismo publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Federación Galega de Piragüismo:

Compartir