Galegote ROCK

Galegote ROCK Festival de bandas galegas con letras en galego. Realizase na cidade de Pontevedra

Graciñas Niños Mutantes
09/06/2024

Graciñas Niños Mutantes

En el año de su despedida, Niños Mutantes actuará en Pontevedra. Lo hará el 15 de junio en el festival Surfing the Lérez. Será la última vez que la banda de Granada, referente de la escena independiente, toque en una provincia con la que mantiene un fuerte vínculo. Su manager, Josiño Carbal...

Que mellor día que hoxe para ensinarvos algunhas fotiños dos primeiros concertos que houbo no Galegote este ano. Viva a ...
17/05/2024

Que mellor día que hoxe para ensinarvos algunhas fotiños dos primeiros concertos que houbo no Galegote este ano.

Viva a nosa lingua e viva a música en galego!

📸




gz

Que bote o Galegote! 👏🏾
28/04/2024

Que bote o Galegote! 👏🏾

Este 27 de abril é sábado de Galegote Rock en Pontevedra, con ata 14 concertos programados en diferentes puntos da cidade

IMPORTANTE! ‼️Ante todo, queremos pedirvos desculpas polos cambios de última hora 🙏🏾😇. Debido á previsión meteorolóx...
26/04/2024

IMPORTANTE! ‼️

Ante todo, queremos pedirvos desculpas polos cambios de última hora 🙏🏾😇.

Debido á previsión meteorolóxica ☔️🌧️ para o sábado 27 de abril, a organización do Galegote vese obrigada a modificar as localizacións dos concertos que eran ao aire libre para unha maior seguridade do público e tamén das persoas traballadoras.

Por iso, Contos nas verzas e os concertos de .gz e pasan ao Mercado de Abastos de Pontevedra.

Moitas grazas a todas e que viva a música en galego!

Concello de Pontevedra

👏🏾 👏🏾 👏🏾
25/04/2024

👏🏾 👏🏾 👏🏾

Pontevedra será protagonista nos Premios Martín Códax da Música 2024 e non só porque a súa gala de entrega, que se celebrará o 15 de maio, sexa no Pazo da Cultura. Un dos seus festivais de...

O galegote finalista! Parabéns aos nosos compis de categoría! Nós gañemos ou non, celebrarémolo o sabado, como mellor sa...
25/04/2024

O galegote finalista!
Parabéns aos nosos compis de categoría!

Nós gañemos ou non, celebrarémolo o sabado, como mellor sabemos… facendonun festi de música en galego!

Moitas grazas pola nominación! 🥰

Artista altamente introspectiva, que reflicte na súa traxectoria a súa alta capacidade para coñecerse a través da reflex...
22/04/2024

Artista altamente introspectiva, que reflicte na súa traxectoria a súa alta capacidade para coñecerse a través da reflexión para posteriormente desnudarse nunha expresión artística 🎭 que transcende do musical.

Cargada de sensualidade e misterio, a posta en escea e a narrativa de hydn mergúllanos no seu tenebroso imaxinario de inspiración mitolóxica 🧙🧚🏼🐦‍🔥e que bebe da cultura pop. Apaixoada e ambiciosa, transgresora e determinada, gústalle xogar cos límites da moralidade e provocar. A súa figura resulta reivindicativa en sí mesma, o que eríxea na auténtica diva galega.



Concello de Pontevedra

Duques do precariado, foron dous, foron cinco, agora tal vez sexan máis, tal vez sexan menos. A través do seu single “La...
20/04/2024

Duques do precariado, foron dous, foron cinco, agora tal vez sexan máis, tal vez sexan menos. A través do seu single “Lacerda”, temos entrada directa no peculiar universo de letras agudas e irónicas, sobre cuestións sociais e políticas. Incluída a precariedade no traballo, os traumas históricos e a vida na cidade.

Concello de Pontevedra


Michu da Rocha busca a simpleza dentro da complexidade a través de harmonías e ritmos sinxelos con arranxos musicais ben...
18/04/2024

Michu da Rocha busca a simpleza dentro da complexidade a través de harmonías e ritmos sinxelos con arranxos musicais ben elaborados🎸.Letras onde a ironía, o humor e o bo rollo 👍🏽🤘🏽enchen o espazo sonoro.

O proxecto ten unha grande dedicación na calidade dos directos, que ofrecen enerxía, diversión, diversión entretemento e presión sonora dabondo como para agochar os pensamentos propios da audiencia e disolver angustias en suor. A pesar da actitude canalla😎, o proxecto colabora con iniciativas ecolóxicas e humanitarias entendendo o papel social que pode ter a música como ferramenta de difusión.

Concello de Pontevedra
Michu da Rocha

Duendeneta Dilleis son Carlos Crespo e Kris K DJ. Carlos Crespo é xornalista musical 🎵 cunha traxectoria de mais de 25 a...
17/04/2024

Duendeneta Dilleis son Carlos Crespo e Kris K DJ.

Carlos Crespo é xornalista musical 🎵 cunha traxectoria de mais de 25 anos (con especial énfase na producción musical galega) dende diversos medios de comunicación. Leva máis de 20 anos exercendo como DJ, 12 eles na DUENDENETA. Foi responsable das sesións divulgativas “Os camiños da música galega”e tamén o creador do podcast🎙️ musical “Os Plans de Códax”.

Kris K DJ é Dj 🎧residente da Duendeneta. Ten pinchado en festivais como Portamerica, Caudal Fest, Atlantic fest, Surfing the Lerez,…Foi teloneira de Bonnie Tyler no seu concerto en Santiago en 2021. As súas sesións sobresaen pola súa variedade, sentido lúdico e polo seu compromiso coa música en galego e coa música en feminino 💜. É a única Dj en Galicia que fai as súas sesións 100% en galego e 100% en feminino.

Concello de Pontevedra


Zeltia Irevire é unha experiencia músical con ritmos folk e corazón de natureza. Formado por un trío de artistas que fix...
16/04/2024

Zeltia Irevire é unha experiencia músical con ritmos folk e corazón de natureza. Formado por un trío de artistas que fixeron medrar o proxecto dende a autoxestión e progresivamente. Os componentes do grupo son Zeltia Acuña 🎙️, Migui Carballido🪘e Cibrán Seixo 🎻. Son artistas con diferentes estilos de folk e van fusionando otros estilos musicais coma o blues, o pop ou o Funky.

A súa música orgánica entra dentro das Músicas do Mundo. Publican o seu primeiro disco LP “Vacaloura” 🪲 en Outubro de 2023. Neste álbum, recompila a maioría das composicións que emocionaron tanto ao seu público. Un disco no que está latente o espíritu do bosque 🌳 e o vento 💨 do nordés.

Concello de Pontevedra


Ver a Ataque Escampe en directo é unha experiencia difícil de esquecer. Non hai dous concertos da banda idénticos porque...
15/04/2024

Ver a Ataque Escampe en directo é unha experiencia difícil de esquecer. Non hai dous concertos da banda idénticos porque todos os sitios son especiais e todos os días memorables.

Esta banda tan camaleónica, explora en cada directo non só o seu inesgotable fondo de armario, senón tamén territorios musicais exóticos e heteroxéneos que convidan, por momentos, ao baile, ao desenfreo ou á comuñón colectiva dun público estrañamente transversal. Ataque Escampe é un auténtico ovni no panorama musical galego do século XXI.

Concello de Pontevedra


Debajodelapalmera e Rodrigo Valiente son a harmonía entre as palabras e a música nun emocionante proxecto entre poemas, ...
14/04/2024

Debajodelapalmera e Rodrigo Valiente son a harmonía entre as palabras e a música nun emocionante proxecto entre poemas, cancións e poesía musicalizada por piano e guitarra. A través de versos coidadosamente seleccionados e melodías cativadoras, transportarán aos espectadores a paisaxes emocionais inexplorados.

Un concepto de fusión destas dúas disciplinas con cancións e poemas escritos desde a resiliencia, a superación persoal e o amor. Resáltase así a sinerxia entre a poesía e a música co obxectivo de emocionar e conmover a través de ámbalas formas artísticas, creando unha experiencia emocional e única inspirando e conectando co público dunha maneira profunda nunha contorna íntima e acolledora.

Concello de Pontevedra

Filloas é un artista de pop urbano en galego, que trae unha música coa que non pararás de bailar e moverte.Entre ritmos ...
13/04/2024

Filloas é un artista de pop urbano en galego, que trae unha música coa que non pararás de bailar e moverte.

Entre ritmos punk, pop e trap, atopamos audaces referencias á cultura de internet, aos videoxogos 👾e á Galicia máis contemporánea. As súas letras amosan reflexións persoais…abordando temáticas xeracionais 👴🏻👧🏻 a saúde mental 🧠, as relacións persoais e a festa 🎉.

Concello de Pontevedra
Filloas

Dirección

Pontevedra

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Galegote ROCK publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir