Citania

Citania CITANIA Circuito de Tunas Veteranas Noroeste Peninsular

Cada edición do CITANIA deixa tamén un legado. E este vídeo é unha mostra diso.Xa podes ver "Aquí Nasceu Portugal", inte...
30/07/2026

Cada edición do CITANIA deixa tamén un legado. E este vídeo é unha mostra diso.

Xa podes ver "Aquí Nasceu Portugal", interpretado pola Tuna Antiga Vimaranense, anfitrioa da II edición do CITANIA, celebrada en Guimarães, e responsable da simbólica entrega da bandeira do festival à Tuna de Veteranos de Medicina de Santiago, que asumiron a organización desta terceira edición en Ourense.

Máis do que unha canción, "Aquí Nasceu Portugal" é unha homenaxe á cidade de Guimarães, berce da nacionalidade portuguesa, e unha afirmación da identidade e do orgullo dunha tuna ligada á súa terra.

Podes ver o vídeo completo aquí. E non esquezas subscribirte ao canal para acompañar todas as publicacións que iremos compartindo nos vindeiros días.

👉 https://youtu.be/lNo2Yk0PFjk?si=iYaRPJYvDV-0A6sE

Actuación ao vivo da Tuna Antiga Vimaranense interpretando o tema "...

Nesta ocasión compartimos "Banco de Jardim", interpretado por As Infantas – Tuna Feminina Veterana da Universidade Portu...
27/07/2026

Nesta ocasión compartimos "Banco de Jardim", interpretado por As Infantas – Tuna Feminina Veterana da Universidade Portucalense.

Trátase dun tema orixinal, construído arredor dunha interpretación solista que combina sensibilidade, elegancia e unha narrativa moi íntima. Unha desas composicións que demostran como as tunas tamén crean repertorio propio, enriquecendo continuamente o patrimonio musical académico.

No Teatro Principal de Ourense, a interpretación conquistou o público pola súa delicadeza e emotividade, converténdose nun dos momentos máis especiais da noite.

Podes ver o vídeo aquí. E non esquezas subscribirte ao canal para non perder os vindeiros vídeos que iremos publicando:

👉 https://youtu.be/QMSTRViG-IY?si=PPNHt7Ue0FV4R_6m

Actuación ao vivo da Tuna Feminina Veterana da Universidade Portuca...

20/07/2026

Que marabilla de fin de semana vivímos en Ourense.

Aínda coa emoción á flor de pel, queremos agradecer a todos os que fixeron posíbel esta edición inesquecíbel do III CITANIA.

Ver o Teatro Principal completamente cheo por unha causa tan nobre encheunos o corazón de orgullo e gratitude. Máis ca un concerto, foi un reencontro inesquecíbel entre vellos e bos amigos unidos pola música e a tradición.

Un agradecemento moi especial ás institucións e colaboradores que nos deron o seu apoio fundamental: a Deputación de Ourense, o Concello de Ourense e o Teatro Principal de Ourense. Grazas por acolleren este proxecto solidario e por abriren as súas portas de par en par a prol de Manos Unidas e da Asociación Española Contra el Cáncer (AECC).
O noso máis sincero recoñecemento á impecable organización da Tuna de Veteranos de Medicina de Santiago de Compostela e, moi en especial, ao Félix e ao José (Dulce) por todo o seu traballo, entrega e cariño incansábel para que todo saíse á perfección.

Moi pronto! Comezaremos a publicar os vídeos de todas as actuacións que fixeron vibrar o Teatro Principal. Non perdas ningún detalle e activa as notificacións!

Subscríbete xa ao noso canal de YouTube:

https://www.youtube.com/

Ecos de Ourense!
31/05/2026

Ecos de Ourense!

Gracias a la Tuna de Veteranos de Medicina de Santiago por la organización de esta III edición de Citania en la cálida ciudad de Orense. Nos volvemos a Ferrol con la maleta llena de recuerdos maravillosos y el calor de la amistad.

III CITANIA – Circuíto Ibérico de Tunas VeteranasGALO CITANIA continúa o seu camiño e chega agora a Ourense, para a súa ...
21/04/2026

III CITANIA – Circuíto Ibérico de Tunas Veteranas

GAL
O CITANIA continúa o seu camiño e chega agora a Ourense, para a súa terceira edición.

Un novo encontro entre tunas veteranas de Galicia e Portugal, nun espectáculo cheo de tradición, amizade e moita música.

📍 Teatro Principal de Ourense
📅 30 de maio de 2026 | 18:00h

Será un concerto benéfico, mantendo tamén o espírito solidario do CITANIA.

🎟️ As entradas estarán dispoñibles en breve.

POR
O CITANIA continua o seu caminho e chega agora a Ourense, para a sua terceira edição.
Um novo encontro entre tunas veteranas da Galiza e de Portugal, num espetáculo feito de tradição, amizade e muita música.

ESP

El CITANIA sigue su camino y llega ahora a Ourense, para su tercera edición.
Un nuevo encuentro entre tunas veteranas de Galicia y Portugal, en un espectáculo lleno de tradición, amistad y música.

----

Organiza: Tuna de Veteranos de Medicina de Santiago

III CITANIAOurense 30.05.2026
27/03/2026

III CITANIA

Ourense

30.05.2026

Dirección

Orense
32001

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Citania publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir