Festas Santa Cruz

Cómo llegar Página web Contactar con la empresa

Festas Santa Cruz Conta oficial da Comisión de Festas de Santa Cruz.

https://forms.gle/5PD4ZBPshHK7bHv69

Comisión de festas de Santa Cruz, Oleiros

Queridxs veciñxs:Como xa comunicamos durante todo o mes de agosto, esta comisión remata o seu ciclo á fronte das festas ...
26/10/2026

Queridxs veciñxs:

Como xa comunicamos durante todo o mes de agosto, esta comisión remata o seu ciclo á fronte das festas de Santa Cruz. Estes 10 anos foron unha aventura incrible, chea de responsabilidade e esforzo, pero tamén de ilusión e orgullo por compartir un camiño tan longo con todxs vós. Grazas a todxs pola vosa espectacular resposta e polo voso cariño e apoio durante todos estes anos.

Durante estes últimos dous meses non queriamos dicir adeus sen ter claro cal sería o futuro das nosas festas. Neste tempo de reflexión, intentamos atopar un relevo que siga a traballar coa mesma ilusión coa que nós o fixemos ata agora. Finalmente, un grupo de rapaces, colaboradores desta comisión, vaise animar a afrontar este precioso reto.

Queremos darlle todo o noso apoio á nova comisión nesta aventura e agradecerlles a súa valentía á hora de dar este paso adiante. Sempre estaremos ao seu carón para todo o que necesiten. Animamos a toda a veciñanza a colaborar con eles e a darlles o mesmo cariño que nós recibimos.

10 ANOS DE ESFORZO E ILUSIÓN 🙌🏻Mañá comezan os días mais especiais do ano e regresa esa mestura de emoción e responsabil...
19/08/2026

10 ANOS DE ESFORZO E ILUSIÓN 🙌🏻

Mañá comezan os días mais especiais do ano e regresa esa mestura de emoción e responsabilidade que sentimos cada vez que nos poñemos mans á obra para organizar as Festas de Santa Cruz. Un sentimento difícil de explicar, pero que coñecemos ben todxs xs que, dun xeito ou doutro, levamos estas festas dentro. Porque detrás de cada actividade, de cada noite e de cada recordo, hai moitas horas de traballo, esforzo e adicación, pero tamén a inmensa satisfacción de saber que estamos contribuíndo a facer do noso pobo un lugar de encontro, de celebración e de lembranzas compartidas.

Este ano vivimos cada momento cunha intensidade especial. O tempo, inevitablemente, vai deixando a súa pegada. Ao botar a vista atrás e pensar no camiño percorrido estes dez anos só podemos sentir satisfacción e agradecemento. Para esta directiva non son unhas festas máis: son o peche dunha etapa inesquecible.

Esta aventura medrou con nós e acompañounos durante unha parte importante das nosas vidas. E quizais esa sexa unha das cousas máis bonitas de todo isto: poder seguir compartindo este camiño coas mesmas persoas coas que un día comezamos, mentres vemos como a nosa familia vai medrando.

Grazas infinitas ao noso equipo de colaboradores/as, un grupo de amigxs sen o cal esta aventura tería sido imposible, e grazas a todo o pobo de Santa Cruz por acompañarnos con tanta paixón durante estes 10 anos. ❤️

Vémonos maña na praza Esther Pita para celebrar coma sempre e desfrutar coma nunca.

SEMPRE LEVAREMOS SANTA CRUZ NO CORAZÓN 💖

IV FOLIADA NO TORREIRO DE PITA 🔥Un ano máis presentámosvos o cartel da nosa foliada. Teremos unha noite máxica chea de m...
16/08/2026

IV FOLIADA NO TORREIRO DE PITA 🔥

Un ano máis presentámosvos o cartel da nosa foliada. Teremos unha noite máxica chea de música e tradición cos concertos de DO RIVÉS e ALANA 💪🏻

Ademáis, contaremos coa participación na foliada de Tarambainas e Vigo, charanga da AG, Santiaguiños de Boimorto, pandereteiros Grupo A de Cantigas e Agarimos, os de Ordes da AC Embruxo, Seixebra e Tileiros do grupo de baile de gaitas Santaia, Ímolo vendo de Santa Cruz e Argalleiros da AC Xacarandaina 🫶🏻

E coma sempre, para rematar, haberá unha foliada libre para quen queira unirse.

Vémonos o xoves da praza Esther Pita 💣

K**E VARELA!🔥Un ano máis teremos sobre o noso escenario a K**e Varela para facer o peche do luns xunto a New York e BAIU...
12/08/2026

K**E VARELA!🔥

Un ano máis teremos sobre o noso escenario a K**e Varela para facer o peche do luns xunto a New York e BAIUCA 🙌🏻

SON DO XACO 2026
11/08/2026

SON DO XACO 2026

DONATIVOS:ES05 2080 0712 9230 4007 9941
06/08/2026

DONATIVOS:
ES05 2080 0712 9230 4007 9941

💣 FESTAS SANTA CRUZ 2026 🔥Outro verán máis, volve agosto e volven as mellores festas do mundo.Dende a Comisión de Festas...
03/08/2026

💣 FESTAS SANTA CRUZ 2026 🔥

Outro verán máis, volve agosto e volven as mellores festas do mundo.

Dende a Comisión de Festas, non podemos estar mais ilusionadxs e orgullosxs de presentarvos o cartel das Festas de Santa Cruz 2026. Un programa completísimo e pensado para tódolos públicos e idades que combinará actuacións de algúns dos mellores artistas do panorama musical galego, grandes orquestras, deporte actividades infantís, tradición e gastronomía.

Queremos dar as grazas a tódalas entidades e empresas colaboradoras, a toda a veciñanza polo seu apoio e consellos e, por suposto, ao enorme grupo de colaboradorxs que fai posible está aventura cada ano.

📣 A tódolos veciños e veciñas que queiran colaborar con nós, recordamos que poden facelo en efectivo cando pasemos polo seu domicilio ou facendo unha transferencia bancaria ao número de conta ES0520800712923040079941, tanto telemáticamente coma dende calqueira oficina de ABANCA.

Agardámosvos a todxs dende o xoves 20 de agosto na Praza Esther Pita para vivir xuntxs os mellores 6 días do ano.

Felices festas!

A Comisión de Festas de Santa Cruz.

B A I U C A 💣 Está é a última confirmación antes do cartel final, estade moi atentxs! 😏
30/07/2026

B A I U C A 💣

Está é a última confirmación antes do cartel final, estade moi atentxs! 😏

🚨PELIJRO💣9louro estará con nós no SDX 🔥Non nos culpedes por esta bomba 🙏🏻
27/07/2026

🚨PELIJRO💣

9louro estará con nós no SDX 🔥

Non nos culpedes por esta bomba 🙏🏻

Dirección

Praza Esther Pita
Oleiros
15179

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Festas Santa Cruz publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Empresa

Enviar un mensaje a Festas Santa Cruz:

Atajos

Compartir

Servicios De Planificación De Eventos cercanos