Festas San Xoan Panxón 2025

Festas San Xoan Panxón 2025 Comisión de festas de San Xoan de Panxón 2025
Toda a info da nosa Festa ó teu alcance.

07/07/2025

Editamos:
Ya aprecio y está en poder de su dueño.
Mil gracias por la colaboración ⚠️SE RUEGA COLABORACIÓN ⚠️
Ayer durante la sardiñada en Monteferro,un marinero que nos vino a ayudar perdió una medalla de oro con la virgen del Carmen y el corazón de Jesús.
Por favor,si alguien la ha encontrado,rogamos nos la hagan llegar. No es tan grande su valor económico si no que es una medalla que lleva con el desde los 17 años , toda una vida en el mar guiándolo 🙏.
Gracias de antemano

Agradecemos a colaboración da Xunta de Galicia por brindarnos esta gran Charanga !Grazas a Maria José Pino Fernández pol...
06/07/2025

Agradecemos a colaboración da Xunta de Galicia por brindarnos esta gran Charanga !
Grazas a Maria José Pino Fernández pola sua xestión 🙏
Que continúe a Festa!
Sardiñada de Monteferro 2025!

Simplemente grazas
27/06/2025

Simplemente grazas

⚓️🌊 𝐔𝐍𝐇𝐀 𝐂𝐎𝐌𝐈𝐒𝐈Ó𝐍 𝐃𝐄 “𝐎𝐑𝐎” 𝐏𝐀𝐑𝐀 𝐔𝐍𝐇𝐀𝐒 𝐅𝐄𝐒𝐓𝐀𝐒 𝐐𝐔𝐄 𝐒𝐄𝐌𝐄𝐋𝐋𝐀𝐁𝐀𝐍 𝐈𝐌𝐏𝐎𝐒𝐈𝐁𝐋𝐄𝐒.

⚓️🌊 Poucas veces unha comisión de festas tivo que facer fronte a tantas dificultades como a deste ano en Panxón. E poucas veces, tamén, mereceu tanto recoñecemento. Por iso, ao rematar as festas de San Xoán e da Virxe do Carme 2025, o pobo enteiro quere render unha sincera homenaxe a todas as persoas que fixeron posible, contra vento e marea, a celebración desta cita única no Val Miñor.

⚓️🌊 Desde o mes de marzo, veciñas e veciños voluntarios entregáronse sen descanso a unha causa que non é só festiva, senón cultural, social e profundamente identitaria. Enfrontáronse a unha burocracia cada vez máis esixente, especialmente no que atinxe á montaxe das atraccións, obrigadas a cumprir unha normativa complexa que puxo en risco a súa instalación ata o último momento.

⚓️🌊 Non foi o único reto. Recolle-lo diñeiro casa por casa, ás veces ata cinco veces, converteuse nun traballo titánico. Cada ano son menos os que colaboran e máis os que miran para outro lado. A pesar diso, a comisión non se rendeu. Tampouco cando tiveron que mediar con feriantes, xestionar atrasos ou buscar solucións improvisadas ante cada novo problema que xurdía.

⚓️🌊 O momento máis amargo foi, sen dúbida, a decisión do párroco de non permitir a saída da Virxe do Carme, a pesar de que só caía unha leve chuvia. A procesión, unha das máis emocionantes da costa galega, quedou no templo. A comisión, con exemplaridade, aceptou en silencio a decisión, pero a decepción foi evidente en todo Panxón.

⚓️🌊 E aínda así, a festa saíu adiante. Cun programa variado, cheo de música, tradición e alegría para todos os públicos. Porque detrás houbo un equipo humano que traballou día e noite, sen descanso, sen soldo e sen outro interese que manter viva a alma do seu pobo.

⚓️🌊 Desde aquí, o noso aplauso. A Comisión de Festas de Panxón 2025 merece todo o respecto, o recoñecemento e a gratitude do Val Miñor. Porque Panxón celebrou as súas festas. E celebrouas grazas a eles. Festas San Xoan Panxón 2025

26/06/2025

✝️⛪️ 𝐀 𝐏𝐎𝐋É𝐌𝐈𝐂𝐀 𝐃𝐄𝐂𝐈𝐒𝐈Ó𝐍 𝐃𝐎 𝐏Á𝐑𝐑𝐎𝐂𝐎 𝐈𝐌𝐏𝐈𝐃𝐄 𝐀 𝐒𝐀Í𝐃𝐀 𝐃𝐀 𝐕𝐈𝐑𝐗𝐄 𝐃𝐎 𝐂𝐀𝐑𝐌𝐄 𝐄𝐍 𝐏𝐀𝐍𝐗Ó𝐍.

✝️⛪️ A procesión na honra á Virxe do Carme celebrada onte en Panxón viuse marcada por un momento de tensión e desconcerto. Cando a imaxe da Virxe xa fora sacada da igrexa e colocada na barca preparada para o percorrido tradicional, unha lixeira chuvia fixo acto de presenza.

✝️⛪️ Foi entón cando o párroco da parroquia,, solicitou á comisión de festas que non continuasen coa procesión ao aire libre, advertindo que, no caso de que a imaxe sufrise algún dano pola auga, serían eles os responsables e deberían asumir os custes da reparación.

✝️⛪️ Esta situación xerou certo malestar entre os presentes, e mesmo se viviu algún episodio de tensión entre veciños e o clero. Unha das feligresas chegou a proferir improperios contra o párroco, segundo testemuñas. Finalmente, decidiuse trasladar a imaxe de volta ao interior do templo votivo do mar, e continuar co programa previsto sen a súa presenza.

✝️⛪️ A procesión simbólica proseguiu cara o porto, ondee se realizou a tradicional ofrenda á Virxe mariñeira e a correspondente tirada de fogos artificiais, mantendo así parte do espírito e da devoción dunha das celebracións máis emblemáticas da vila mariñeira de Panxón.

Unha mágoa que catro Pingueiras nos impediran sacar a Virxe, pero levamola no corazón
25/06/2025

Unha mágoa que catro Pingueiras nos impediran sacar a Virxe, pero levamola no corazón

25/06/2025
Aquí Temos a descripción das coroas 100% BIODEGRADABLES Feitas con:PallaLoureiroCorda de yuteCorda de algodón Cinta de p...
25/06/2025

Aquí Temos a descripción das coroas 100% BIODEGRADABLES
Feitas con:
Palla
Loureiro
Corda de yute
Corda de algodón
Cinta de papel Kraft
Pinchos morunos de Madeira
Escrito con rotulador sen disolventes.
Noso compromiso co medio ambiente, pouquiño a pouquiño.

25/06/2025

Listas as coroas BIODEGRADABLES 100%!
Unha promesa que deixamos feita o ano pasado .
Elaboradas con materiales 100 naturais grazas a Floristeria Muscari !

25/06/2025

Comenzamos!
Despois do pasarruas pequeno concierto da Agrupación musical de Belesar

Dirección

Praia Panxon
Nigrán
36340

Teléfono

+34633605492

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Festas San Xoan Panxón 2025 publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Festas San Xoan Panxón 2025:

Compartir