28/07/2026
Vaia día vivimos! 🚀✨
Dende Negreira Viva só podemos dicir unha palabra: GRAZAS. Facer realidade o Cristobaliño 2026 foi un reto incrible, pero ver a resposta e a acollida tan alucinante que tivo durante todo o día fixo que cada segundo de esforzo valese a pena.
Este éxito non é só noso, é de todos os que arrimastes o ombreiro dunha forma ou doutra. Queremos facer un agradecemento moi especial a:
Patrocinadores: por apostar por nós e facer isto posible co seu respaldo.
Concello de Negreira.
Policía Local, Protección Civil de Negreira e Garda Civil de Muros: por coidar de todos e garantir que todo transcorrese con total seguridade e fluidez.
Amigos e achegados: que botastes unha man de forma totalmente desinteresada e con unha sorrisa sempre na cara.
E, por suposto, a todo o público asistente. Sen a vosa enerxía, a vosa presenza e as vosas ganas de g***r, isto non tería ningún sentido. Ver o ambiente dende primeira hora ata o final do día foi espectacular.
Seguimos traballando por e para Negreira! Vémonos na vindeira! 💙🙌
Vermú Lodeiros Dra Silvia Lujan Guerini Debullar Concello de Negreira Radio Negreira Deputación da Coruña Xacobeo 2027