03/03/2025
😍😍
🎭🍫 Este venres, como xa é habitual, estivemos no cole coordinando a chocolatada posterior ao desfile de Entroido.
💛 Queremos agradecer ao cole CEIP Plurilingüe Infante Felipe por permitírnolo facer e tamén a Adrimial Food Catering, a empresa de catering do comedor, que doou o chocolate tanto para os nenos coma para os pais. ¡Grazas por facelo posible! 🙌✨
🍩 Ademais, dende a ANPA colaboramos doando os donuts que venderon os rapaces de sexto para recadar fondos para a excursión de fin de curso. Grazas aos pais que mercastes donuts e a todos os que lles enviastes cartos aos nenos para que os mercasen tamén. 💰🎒
🎉 Podemos dicir que foi un éxito! E agora seguimos desfrutando do Entroido, que aínda queda moita festa por diante! 🥳🎶🎭