05/07/2026
O MARIACHI AZABACHE co BALLET LEYENDAS DE MÉXICO puxeron o broche de ouro á primeira edición deste Festival Internacional das Culturas Mar da Illa de Samertolameu organizado pola A.V. Novameira, coa participación do Concello de Moaña e as axudas da Comunidade de Montes de Meira, Deputación de Pontevedra e Xunta de Galicia, nacido coa aspiración de difundir, irmandar e pór en valor as culturas de raíz propias e alleas. Grazas a todas as persoas que dalgún xeito participaron nesta edición.
📸 Anna R Figueiredo