14/06/2026
🌅 ¡Xa falta só 1 SEMANA para o II SOLPOR CON ARTE! 🌅
O próximo domingo 21 de xuño ás 18:00h, o Obradoiro de Escultura de Francisco Pazos en Cobas (Meaño) converterase no escenario máis especial do verán.
Rodeados das súas esculturas en pedra, madeira e metal, viviremos unha tarde inesquecible de música e baile tradicional galego.
🎶 Grupo Folk Maravallada
🪗 A.C. Amigos do Acordeón das Rías Baixas
🎵 Grupo de Gaitas e Baiele Penaguda
💃 Danzantes de Cobas
📅 Domingo 21 de xuño
⏰ 18:00 horas
📍 Obradoiro de Escultura Francisco Pazos, Cobas, Meaño
🎟️ Entrada libre e gratuíta
Unha iniciativa da Asociación Veciñal da Parroquia de Xil co apoio do Concello de Meaño e a Deputación de Pontevedra e a Asociación Cultural Santa Cristina de Cobas.
¡Non faltes e comparte para que chegue a toda a comarca! 👇
Bos días veciñ@s
Siiii, volve o "Solpor con Arte ", voltamos a Cobas e todo grazas a que o noso veciño Francisco Pazos Martinez ten a ben abrirnos as portas do mais íntimo que ten un artista, o lugar donde a inspiración toma forma a través das suas mans, o seu obradoiro e a sua casa museo e un xardín repleto das suas obras, que se podrá visitar durante o evento en compañía do artista,como sempre acompáñanos a música e os bailes tradicionais, Os Danzantes de Cobas, Asoc. Cult. Penaguda de Dena, Maravallada , Os Amigos do Acordeón de Rias Baixas e o noso compañeiro Daniel Rodriguez Chaves DJ DANNY, poñendo a música ambiente para o remate final que regaremos con Albariño.
Anotade esta fecha 21 de Xuño estades tooodos convidad@s.
Grazas enormes a Francisco Pazos Martinez, sen tí este evento non sería posible.