04/05/2026
📣📣📣 GRACIÑAS, MEAÑO! 📣📣📣
Dende esta Comisión de Festas de Meaño queremos darvos as grazas, unha vez máis, por facer posible unhas festas inesquecibles, cheas de alegría, reencontros e moi bo ambiente.
💙 Grazas aos veciños e veciñas, por estar sempre aí; participando, colaborando e sumando en todo momento. Sodes a alma desta festa e o motor que fai que todo isto teña sentido.
🏪 Grazas aos establecementos locais, polo voso apoio un ano máis, tanto co cartel como cos agasallos para as rifas. A vosa implicación é fundamental para poder seguir adiante.
🛏️ Grazas a todos os que participastes na Carreira de Camas, por poñerlle cor, diversión e espectáculo á tarde do domingo; a quen colaborou coa infraestrutura (vallas, alpacas, etc.) e, por suposto, a todos os voluntarios e voluntarias que estivestes ao pé do canón para que todo saíra ben.
🏛️ Grazas á Deputación de Pontevedra, ao Concello de Meaño e ao señor alcalde, polo seu apoio. Tamen á Policía Local pola súa presenza e colaboración e por axudar a que todo se desenvolvese nas mellores condicións.
🎶 Grazas aos grupos, orquestras e DJs que puxeron ritmo e ambiente durante toda a fin de semana, e aos presentadores da Carreira de Camas por facer aínda máis especial a tarde do domingo.
💫 Entre todos conseguimos, un ano máis, que MEAÑO brillase con luz propia.
Levamos connosco grandes recordos e moita emoción… 🥰🥰
GRAZAS POR TODO, DE CORAZÓN! 💜💙💜💙