20/08/2026
💛 GRAZAS, GRAZAS E MIL GRAZAS! 💛
Logo duns días de descanso despois de tanta festa, música, baile, risas, algunha que outra noite curta 😜 e moitos momentos que imos gardar no corazón… chegou o momento de dicirvos algo que nos sae de dentro:
GRAZAS! ❤️
Grazas a todos os veciños da parroquia e do contorno, pola vosa colaboración, polo voso apoio e por facer que esta festa sexa posible ano tras ano.
Grazas aos establecementos que colaborastes e botastes unha man, ao Concello, a Espectáculos Héctor e a todas as persoas e entidades que puxestes o voso gran de area para que todo saíse adiante.
Grazas aos que viñestes á sesión vermú 🍻🎶, aos que vos animastes co torneo de cartas 🃏 (porque aquí tamén hai auténticos campións 😜), aos que viñestes encher o campo cos vosos bailes, cos vosos sorrisos e con esas ganas de festa que nos dan a vida. 💃🕺
E, por suposto, grazas a todos os que traballastes man a man coa Comisión de Festas: montando, desmontando, preparando, organizando, correndo dun lado para outro e solucionando cousas que nin sabiamos que podían pasar 😂.
Porque detrás dunha festa hai moitas horas de traballo, moitos cafés, moito cansazo… e tamén moita ilusión. E cando vemos o campo cheo, a xente desfrutando e a parroquia unida, sabemos que todo pagou a pena. ❤️
A festa non a fai unha comisión.
A festa facémola entre todos. 🥰
Así que, de corazón, GRAZAS A TOD@S! ❤️
Agora toca descansar… bueno, uns días, que tampouco imos poñernos estupendos 😂😂.
🎉 VIVA A NOSA PARROQUIA!
🎉 VIVA A NOSA XENTE!
🎉 E VIVA A FESTA! 🥳🍻💃🕺
A Comisión de Festas ❤️