12/06/2023
Lamentamos moito a marcha de José Castro, que foi parte da familia Cañiza 360 dende a nosa primeira edición. O seu traballo e dedicación como deseñador deixaron unha pegada indeleble na Cañiza e sempre o lembraremos con cariño e agradecemento. A súa ausencia será sentida por todos nós, e queremos transmitir o noso máis sentido pésame á súa familia e aos seus seres queridos. Descansa en paz José, sempre estarás nos nosos corazóns.