Acr Fervenza de Sargadelos

Acr Fervenza de Sargadelos Contacto: [email protected]

Máis fotos!!
10/05/2026

Máis fotos!!

Buscádevos nas fotos, partillade e etiquetádenos!
10/05/2026

Buscádevos nas fotos, partillade e etiquetádenos!

10/05/2026

GRAZAS!

Moitas grazas a todas as persoas que colaborastes e participastes na X Foliada e Feira de Artesanía e Alimentación de Cervo. O que se viviu este ano no Souto foi moi especial e foi gracias a vós, estamos orgullosxs de formar parte de algo tan bonito.

Aos grupos participantes na foliada e no pasabares.

Ás artesás e aos artesáns da feira.

Á xente de Cervo e, en especial, a Suso de Benito e familia por cedernos o local.

A Sororas, Pedro Rolle, Ramón Dopico e Xabi Iglesias polos obradoiros e actividades.

Á Asociación de Saúde Mental da Mariña pola decoración do escenario.

A Mediarea e Os Viqueiras de Ordes por plantarlle lume ao torreiro e facernos bailar e saltar coma nunca.

Á Pousada O Almacén e ao O Caseto De Copa Cervo pola súa colaboración para o pasabares.

A Airiños do Xunco por compartir o seu local para a celebración dos obradoiros

A Mar Chaves pola súa xenerosa colaboración nos sorteos

A Diego Cereijo polos seus deseños

A Xu por un ano máis libres de todo embruxamento.

A Hortensio, o home orquestra.

Á gasolineira de Cervo e ao Familia de San Cibrao.

A Yoshimura polas súas fotografías.

A Asa Son por facer que todo soara tan ben.

Aos Pandeireteiros do inferno por compartir con todxs a súa paleta. 😆

Á Vicepresidencia. Deputación de Lugo ao Concello de Cervo .

Ás compañeiras e aos compañeiros da organización, pola súa paciencia, amizade e dedicación.

Ao público, por desafiar aos elementos e animarse a compartir connosco unha xornada de diversión, música e cultura. Sen vós non hai festa!

Deica o ano!

10/05/2026
24/04/2026

A Praza do Souto acollerá o 2 de maio un amplo programa de actividades para todos os públicos ao longo de todo o día

23/04/2026

👏👏O CONCELLO DE CERVO CONVIDA A ASISTIR Á X FOLIADA E Á FEIRA DE ARTESANÍA O SÁBADO 2 DE MAIO NA PRAZA DO SOUTO

🤝A cita está organizada pola Acr Fervenza de Sargadelos, pola agrupación Fol do Raxal e por Marmeladas A Morena coa colaboración da Administración Local

➡️A feira de artesanía abrirá ao público ás 11:00 horas, haberá un roteiro interpretativo por Cervo e sucederanse diferentes actuacións de música tradicional, pasabares e diferentes obradoiros e sorteos durante a xornada.

➡️A sesión vermú correrá cargo de Mediarea, e á noitiña actuarán Os Viqueiras, haberá o tradicional baile do farolillo, foliada libre e queimada

O Concello de Cervo anima a veciños e visitantes a asistir o sábado, 2 de maio, á X Foliada e á Feira de Artesanía que terá lugar na Praza do Souto, durante todo o día.

A cita foi presentada pola alcaldesa, Dolores García Caramés, pola edil Mali Méndez, o concelleiro, Alfredo Fernández, polo deputado provincial Daniel García, e por membros da Acr Fervenza de Sargadelos, da agrupación FOL Do RAXAL e Marmeladas A Morena que organizan o evento no que colabora, como cada edición, o Concello de Cervo.

O día está repleto de actividades diversas pensadas para desfrutar con amigos e familia.

Ás 10:00 horas haberá un obradoiro de Percusión Miúda, con Ramón Dopico, nas Escolas Vellas de Cervo, que dará paso á apertura da Feira de Artesanía e Alimentación.

Tamén pola mañá haberá un roteiro interpretativo (A flora do Camiño Real de Cervo) con Pedro Rolle que partirá ás 11:00 horas da Praza do Souto.
Ao mediodía, arrincarán os Pasabares coa participación de agrupacións de diferentes puntos da bisbarra.

A continuación está prevista a sesión vermú con Mediarea.

Xa pola tarde, haberá un obradoiro de baile foliadeiro con Xabi Iglesias e Xogos Tradicionais e Animación Musical.
Ás 18:30 horas, será a Foliada.
Como peche de festa, ás 22:00 horas, terá lugar o concerto de Os Viqueiras, seguido de Foliada Libre e Queimada e tamén do Baile do Farolillo.
🗣A alcaldesa, Dolores García Caramés, convidou á veciñanza e ás persoas visitantes a achegarse a Cervo para desfrutar dunha xornada na que tradición, cultura e artesanía se mesturan nun marco privilexiado como é a capitalidade municipal.

👏A rexedora quixo tamén poñer en valor o traballo das entidades organizadoras —A Morena, Fervenza de Sargadelos e Fol do Raxal— destacando o seu compromiso constante e a súa implicación durante todos estes anos.

Subliñou ademais a importancia desta edición especial, coincidindo co décimo aniversario da celebración, unha data sinalada que consolida o evento como unha referencia cultural no municipio e que amosa a forza do tecido asociativo local.

🙌Finalmente, animou a toda a cidadanía a participar, g***r da festa e compartir unha foliada chea de identidade, música e tradición, que ao longo destes dez anos se converteu nun punto de encontro imprescindible para a cultura popular da contorna.

23/04/2026

📝Non perdades a oportunidade de anotarvos!

23/04/2026

📣 Vémonos o 2 de maio en Cervo!

15/04/2026
10/04/2026

Las inscripciones están abiertas hasta el 29 de abril

Dirección

Cervo

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Acr Fervenza de Sargadelos publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Acr Fervenza de Sargadelos:

Compartir