12/04/2026
🏃♀️🏃♂️ Xa temos data para unha das citas deportivas máis agardadas!
O 7 de xuño celebramos a 10K Carballo - XIV Carreira Popular Concello de Carballo, cunha xornada chea de deporte, diversión e bo ambiente para todas as idades.
📝 Inscricións abertas dende o 13 de abril en 👉 www.carreirasgalegas.com
💥 10K e 5K homologados (só 5 € de inscrición)
👧🧒 Probas para categorías base (de balde)
🎽 Incluída no XII Circuíto de Carreiras da Deputación da Coruña
Anímate a participar e vive o deporte en Carballo! 💚