23/10/2025
❗COMUNICADO❗
Comunicado
Hoxe alzamos a voz por Cambre máis de 40 entidades do tecido asociativo de Cambre , que traballamos en conxunto e sen partidismos:
Denunciamos o abandono total que sofre o noso municipio por parte de todos os partidos políticos e dos distintos estamentos e funcionariado do Estado.
Cambre está bloqueado, e este bloqueo pagámolo todos: veciñanza, clubs, asociacións e familias.
🚫 Non falamos de cores políticas.
💬 Falamos do ben común, do futuro de Cambre e da necesidade de actuar con transparencia e unidade.
Necesitamos prazos reais e nalgúns casos son de extrema urxencia.
Xa é hora de que todos se unan por un fin social, deixando ao carón intereses e diferenzas.
Cambre necesita solucións reais, non máis divisións.
Cada asociación de Cambre temos as nosas necesidades e dificultades propias, pero do mesmo xeito que pedimos unión e non división a todos os representantes políticos, mostramos a nosa unión e dispostos a predicar co exemplo, e antepoñer as nosas necesidades propias por dúas cremos son de extremada urxencia, como son o caso de Sementeira e club ciclista Cambre, que se atopan ao bordo da desaparición por non poder facer fronte ao pago de nóminas, seguros sociais, e/o fichas federativas que deben desde tempada 2023
💛 Polo ben de todos.
Polo ben de Cambre.
E esa petición urxente non quita que desde a Asociacion de Veciños e Veciñas de Brexo Lema AAVV A Unión sigamos tendo e loitando polas nosas necesidades tales como:
✔️Un correcto mantemento de camiños e arredores.
✔️ Mantemento, melloras e remate de infraestructuras municipales tales como campo de fútbol , almacén do campo da Festa ou vestuarios e almacén anexos a pista municipal. O estado de deterioro de algún de eles e preocupante incluso perigoso.
✔️Atender algunha das peticions veciñais que a través de AAVV A Unión a trasladamos o concello , dende a entrada de esta directiva hay 4 anos non se ten atendido ninguna das nosas propostas .
✔️Instalación dun parque infantil con servicios actualizados en Unha zona céntrica do pobo , brexo lema crece e creemos que os servicios deben actualizarse.
✔️Facilitar a recollida do material do concello, así como a renovación do mesmo, xa que o seu estado e lamentable.
✔️Establecer un plan para o aumento da rede de saneamento na parroquia de Brexo Lema.
✔️Pago das subvencións para garantir a continuidades dos actos culturais que realizamos xa sexa de manera individual ou colectiva colaborando coas demais asociacións da nosa parroquia.
✔️Actualización e mantemento do pabellon municipal Bernardo Bish os nen@sde CEIP Emilio González López merecen as mellorres instalacions posibles .