Floristería Azucena Burela

Floristería Azucena Burela Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Floristería Azucena Burela, Florista, Rúa Curros Enríquez 6, Burela de Cabo.

24/12/2025
Xa temos aquí o muérdago da sorte! Non quedes sen o teu saquiño!!!!!!
26/11/2025

Xa temos aquí o muérdago da sorte! Non quedes sen o teu saquiño!!!!!!

Lembra que xa recollemos encargos para Santos. Podes facelo na nosa tenda ou no teléfono 982585431.
17/10/2025

Lembra que xa recollemos encargos para Santos. Podes facelo na nosa tenda ou no teléfono 982585431.

Novena e festas do Carme da Casela.Un ano máis, grazas por contar con nós.
17/08/2025

Novena e festas do Carme da Casela.
Un ano máis, grazas por contar con nós.

O pasado mes de xullo, foi mes de eventos.....aquí vos imos deixando mostra de algúns. Comunións na igrexa de Budián. Un...
13/08/2025

O pasado mes de xullo, foi mes de eventos.....aquí vos imos deixando mostra de algúns. Comunións na igrexa de Budián. Unha honra sempre poder decorala.

11/08/2025

MANIFESTO INMMEMORIAN DE MANUEL LOURENZO.
Un dos actos oficiais previstos para a xornada de hoxe era convocar á Corporación , veciños e visitantes a que se achegasen ó concello para escoitar a lectura do Manifesto Institucional e gardar un minuto silencio na súa memoria. Dito manifesto, foi escrito polo seu íntimo amigo e compañeiro Lionel Rexes e que deseguido transcribimos:
"Para os do seu tempo foi coñecido como Manolo de Mucha, para os demais era Manuel Lourenzo, o escritor, o director de escena, o actor, e por tal motivo, tamén chamado polo nome de numerosos personaxes interpretados ao longo da súa carreira.
E todas as identidades cabían nel, nese home que regresaba, vrao tras vrao ao seu Valadouro natal, a onde gustaba de traer, desinteresadamente, funcións teatrais, lecturas dramatizadas, e tras el un ronsel de persoas do mundo das artes escénicas.

Desde onte, os medios de comunicación reflicten o seu extenso currículum profesional, os seus numerosos galardóns, a súa inxente colección de obras escritas, porén, para nós, para a xente do Valadouro era o veciño que levou o nome da súa terra por toda Europa, que elevou o noso idioma á máxima categoría a través dos seus textos, e que sempre iniciaba as súas intervencións públicas dicindo: “Eu nacín en Ferreira do Valadouro, e sendo neno descubrín o teatro nunha función no antigo cine da vila”.

Así era Manuel Lourenzo, fiel ás súas orixes, entregado ao noso val e sempre coñecedor de que os grandes persoeiros o son, non por teren chegado lonxe, senón por teren presente de onde partiron.
Por iso nos dicía, a quen fomos os seus alumnos vivenciais, sempre mesturando mitoloxía e realidade como a el lle gustaba, que aquí no Valadouro naceu o país, porque aquí se refuxiou a última nobreza galega no século XV, porque aquí un mar se tornou río, e porque neste val se conservan unhas palabras que tan só aquí se escoitan: xoulada, patanexo, cachón, zarrulada… ao cabo, para Manuel Lourenzo eran palabras máxicas que introducía nos seus textos, revelando que O Valadouro e os seus falares nutriron a súa escrita, e ao tempo renacen, en cada obra por el asinada.

Explicaba con orgullo que a lingua xermánica traída polos suevos deixou pegada nos nomes de moitos lugares do val, e así, ao pronunciar Cendemil, Freitemunde, O Bermún, Frexulfe… Manuel mergullábanos noutro tempo, nese tempo en que O Valadouro naceu ao mundo, e con el a terra en que o dramaturgo soñou centos de obras de teatro.

Hoxe, sobre o escenario da eternidade, Manuel Lourenzo observa o seu Valadouro natal e seguramente invoca as fermosísimas frases que figuran nunha das súas obras, e que para min supoñen un canto á negación da morte como final absoluto:

“A nosa música non pode desaparecer. Continuaremos a escoitala nas ruelas e nas prazas do país dos nosos soños, mesmo sobre o restroballo das ruínas.
Un xardín eríxese en calquera sitio, sobre o mar que non hai ou na saudade de solpores imposíbeis.
Basta un xesto de nós para borrar ese malfado das estrelas.”

Manuel Lourenzo, sempre na nosa memoria.

LIONEL REXES
11 de agosto de 2025"

Rosas amarillas!!!!
18/07/2025

Rosas amarillas!!!!

Un ano máis, colaboramos coas Festas Patronais co arranxo da igrexa da Vila do Medio e das imaxes de San Xoán e a Virxe ...
23/05/2025

Un ano máis, colaboramos coas Festas Patronais co arranxo da igrexa da Vila do Medio e das imaxes de San Xoán e a Virxe do Carme.
Desexamos que desfrutedes todos dunhas moi boas Festas!!!!!!

FELIZ DIA A TOD@S AS NAIS!Lembrade que hoxe estaremos abertos de 10:30 a 13:30 para que as vosas non queden sen ese deta...
04/05/2025

FELIZ DIA A TOD@S AS NAIS!
Lembrade que hoxe estaremos abertos de 10:30 a 13:30 para que as vosas non queden sen ese detalliño en forma de flor!

¡Como nos gusta o branco sempre!
04/02/2025

¡Como nos gusta o branco sempre!

Rosas, orquídeas e proteas en tonos alaranxados.......
05/12/2024

Rosas, orquídeas e proteas en tonos alaranxados.......

Dirección

Rúa Curros Enríquez 6
Burela De Cabo
27880

Horario de Apertura

Lunes 10:00 - 13:30
Martes 10:00 - 13:30
17:00 - 20:00
Miércoles 10:00 - 13:30
17:00 - 20:00
Jueves 10:00 - 13:30
17:00 - 20:00
Viernes 10:00 - 13:30
17:00 - 20:00
Sábado 10:00 - 13:30

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Floristería Azucena Burela publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Floristería Azucena Burela:

Compartir

Categoría