31/08/2026
A comisión do Santo Aparecido 2026 quere agradecer a todolos veciños por colaborar, dando donativos, comprando camisetas, etc. Tamen por acompañarnos na misa, na comida, nos xogos, sardiñas, ...
A xente e a alma da nosa Romeria. Sen vos non teria sentido. O tempo non acompañou e ainda así, a carpa estaba chea cando empezou Antonio Barros. Estamos moi felices por iso e tamen porque, despois de varios anos, volveu haber misa o noso Santiño 🙏
Foi o noso primeiro ano e fixemolo o mellor que poidemos ou soupemos.
Esperamos que fose do voso agrado.
Tamen temos que agradecer a:
-Concello de Pazos de Borben, o alcalde Luciano e a concelleira Victoria, por asesorarnos en todo momento e poñer a nosa disposición todolos medios que tiñan. Grazas!!!
-Panaderia A Fogaza, que nos donou o pan de millo.
Grazas!!!
-Gasolinera de Amoedo por donar o cheque de combustible para o sorteo.
Grazas!!!
-Jose Bouzon por donar o xamon para o sorteo.
Grazas!!!
-Irmans Boullosa e Ruperto Bouzon por a sua axuda imprescindible para asar as sardiñas e facer o chocolate. Oxala houbera moitas persoas coma vos no mundo, sempre dispostas a axudar. Xente humilde, boa e desinteresada. Sodes increíbles.
Grazas!!!
-Proteccion civil, que nos deu moita tranquilidade durante toda a xornada.
Grazas!!!
A anterior comisión, por estar sempre dispostos a axudar no que fixera falta.
Grazas!!!
Un saudo a todos!!!