BB Producións

BB Producións Cal traxe dun xastre, producións a medida! Atrevémonos con todo. Calquera dúbida ou proposta, consultádenos!

OnTheRoad é una empresa de produción e servizos formada por xente nova con ampla experiencia no sector cultural e a organización de eventos. A empresa ten a base de operacións en Santiago de Compostela e presta servizos para administracións públicas e empresas privadas que queiran desenvolver calquera tipo de evento, proporcionando as solucións máis eficientes e innovadoras en relación ás súas

necesidades. Desde a nosa empresa damos solución ao que os nosos clientes reclaman: produción artística e técnica de eventos, loxística, persoal especializado (montaxe, carga e descarga, auxiliares, seguridade, runners, roadies ou mesmo servizos integrais de eventos), onde organizamos e coordinamos tódalas funcións que desenvolvemos como un só produto, sempre axustándonos ao orzamento dispoñíbel. Tamén desenvolvemos actividades de formación nos eidos relacionados cos nosos servizos e outros de interese.

O trío de EL TÍO CALAMBRES vén camiño de COMPOSTELA!Esta noite ás 22H n'A REIXA BAR MUSICAL!O primeiro dos catro concert...
26/03/2015

O trío de EL TÍO CALAMBRES vén camiño de COMPOSTELA!
Esta noite ás 22H n'A REIXA BAR MUSICAL!
O primeiro dos catro concertos que ofrecerá estes días por territorio galego.
Pop/rock con tinturas de Blues, Reggae, Hip Hop e incluso Rumba, non faltedes!

Despois destas últimas e atarefadas semanas... OnTheRoad queremos rematar marzo por todo o alto co trío de Javi Rojas, E...
25/03/2015

Despois destas últimas e atarefadas semanas... OnTheRoad queremos rematar marzo por todo o alto co trío de Javi Rojas, EL TÍO CALAMBRES, quen leva anos percorrendo os escenarios de medio mundo colaborando con bandas como Mamá Ladilla, Bebe, Josele Santiago, Super Skunk...

-XOVES 26 DE MARZO
22.00h A REIXA (SANTIAGO DE COMPOSTELA)

-VENRES 27 DE MARZO
23.30h A POUSADA DAS ÁNIMAS (BOIRO)

-SÁBADO 28 DE MARZO
00.00h O CON DO MOUCHO (ILLA DE AROUSA)

-DOMINGO 29 DE MARZO
ALDÁN (PONTEVEDRA)

De sesión vermú con SUMRRÁ en LA RIBERA (Bilbao) desde as 12.30h deste mediodía!Esta noite segundo pase antes de facer a...
14/03/2015

De sesión vermú con SUMRRÁ en LA RIBERA (Bilbao) desde as 12.30h deste mediodía!
Esta noite segundo pase antes de facer as maletas para mañá ás 17h rematar xira en LA OVEJA NEGRA CORRAL MULTIUSOS (Segovia).
Agora mesmo... en directo!

Fantástico o público desta noite en Soraluze.Segundo concerto desta xira de SUMRRÁ, nesta ocasión ao pé do val do Deba, ...
13/03/2015

Fantástico o público desta noite en Soraluze.
Segundo concerto desta xira de SUMRRÁ, nesta ocasión ao pé do val do Deba, outro territorio máis conquistado!
Anfitrións de nivel na Gaztelupe Taberna!
Gaizka, Ubane e Txarra... eskerrik asko!!!
Ganas de volver, por moitas razóns! :)

Hoxe continuamos xira en SORALUZE (Gipuzkoa), cun dos tríos máis fabulosos da península i arredores: SUMRRÁ!Ás 23h na GA...
13/03/2015

Hoxe continuamos xira en SORALUZE (Gipuzkoa), cun dos tríos máis fabulosos da península i arredores: SUMRRÁ!
Ás 23h na GAZTELUPE TABERNA (Rabal Kalea, 23)!!

Yeah!

E esta mañá... arrancamos comezo de xira cos nosos queridos SUMRRÁ unha vez máis!Esta noite estreamos o TEATRO FILARMÓNI...
12/03/2015

E esta mañá... arrancamos comezo de xira cos nosos queridos SUMRRÁ unha vez máis!
Esta noite estreamos o TEATRO FILARMÓNICA de OVIEDO, dentro da programación do Festival de Jazz da cidade.
Mañá imos pra SORALUZE (Gipuzkoa), estaremos na GAZTELUPE TABERNA ás 23h!
Avisados quedades!


Seguimos a tope colaborando na acertadísima programación d'A Reixa Bar Musical!A pasada noite estivemos c'OS NOVOS, band...
12/03/2015

Seguimos a tope colaborando na acertadísima programación d'A Reixa Bar Musical!
A pasada noite estivemos c'OS NOVOS, bandaza punk de Compostela formada por membros de Samesugas, Redullos e Madame Germen!

from the album LIXO URBANO 2014

Graciñas ao marabilloso público que tivemos estes días e aos nosos anfitrións en cada sala (Eladio, o grandísimo Uka e K...
08/03/2015

Graciñas ao marabilloso público que tivemos estes días e aos nosos anfitrións en cada sala (Eladio, o grandísimo Uka e K**e en La Fábrica + Adrián, Xocas, Franco, David, Aitor e a nosa María en Ourense na Sala Berlín).
Avisamos que Gonzalo Arca e banda están imparables e isto non remata aquí!
Voltamos en breve ao sur-oeste do país así que estade atent@s ás novas de OnTheRoad para non perdervos ningún concerto!

Xa estamos en OURENSE!!Ás 22h comezamos na SALA BERLÍN con GONZALO ARCA e a bandaza que o acompaña:-Antonio Casado: guit...
07/03/2015

Xa estamos en OURENSE!!
Ás 22h comezamos na SALA BERLÍN con GONZALO ARCA e a bandaza que o acompaña:
-Antonio Casado: guitarra
-Jesús Vidal: baixo
-Seir Caneda: teclado
-Ton Risco: batería

Alone at the Crossroad! 'Escúchenle'! e vide a velos en directo nun anaco!!

6 track album

Chegou o día!GONZALO ARCA e a súa bandaza ESTA NOITE en LA FÁBRICA DE CHOCOLATE (Vigo) ás 22h!Pra quen non poida ou qued...
06/03/2015

Chegou o día!
GONZALO ARCA e a súa bandaza ESTA NOITE en LA FÁBRICA DE CHOCOLATE (Vigo) ás 22h!
Pra quen non poida ou quede con gana de repetir... MAÑÁ na SALA BERLÍN de Ourense á mesma hora!
Bulide a polas entradas de hoxe que nunhas horas retiramos a anticipada!

Atenta esa xente de ben de VIGO e OURENSE que estamos de volta!Non vos perdades os bolos de GONZALO ARCA e a súa bandaza...
05/03/2015

Atenta esa xente de ben de VIGO e OURENSE que estamos de volta!
Non vos perdades os bolos de GONZALO ARCA e a súa bandaza esta fin de semana!
Antonio Casado "El Abuelo" e Lucas Fernández ás guitarras, Jesús Vidal ao baixo, Seir Caneda no teclado e Ton Risco á batería.

LA FÁBRICA DE CHOCOLATE (VIGO)
VENRES 6 ás 22H
Entradas anticipadas a 6€
Discos Elepé + H***y Tonk Discos + Tipo Vigo Música Tatoos

SALA BERLÍN (OURENSE)
SÁBADO 7 ás 22H
Entradas anticipadas a 6€
Café & Pop Torgal + Peggy Records + Doopler Gestión Cultural.

O prezo en billeteira é de 8€

Dirección

Boiro

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando BB Producións publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir