28/02/2026
O FIM · Festival Intercéltico do Morrazo chega este ano á súa 42ª edición. Organizado polo Concello de Moaña, terá lugar do 22 ao 26 de xullo de 2026. Un festival onde o público poderá g***r dos concertos e das actividades paralelas sen restricións de acceso e de balde. O cartel de concertos do 42 FIM contará cun total de catro actuacións con representación do Reino Unido, asturiana e galega.
VENRES 24 DE XULLO · 22.00 h.
De Ninghures son unha das bandas referentes da potente e rica escena do folk galego actual. Mesturan mestría musical e actitude desenfadada, sorprendendo coas súas voces e a súa actualización das coplas e melodías populares, cunha particular fusión da música tradicional galega con ritmos e inspiracións doutras culturas como a latinoamericana ou a magrebí.
CORQUIÉU é un referente da música asturiana. Desde 1997 levaron a súa música por multitude de festivais, destacando o Space Marine do Festival de Lorient, o Celtic Connections de Glasgow, Tonder Folk Fest de Dinamarca, Illas Shetland en Escocia... Música de composición cun directo dinámico que respecta os patróns da música tradicional asturiana.
SÁBADO 25 DE XULLO · 22.00 h.
Despois de 30 anos, Flook non abandoa a súa brillantez, o seu dinamismo ou o seu estilo inventivo. Os whistles e frautas de Brian Finnegan e Sarah Allen, a guitarra de Ed Boyd e o bodhran de John Joe Kelly, tecen e viran melodías arraigadas na tradición sobre ritmos acústicos precisos, cunha distintiva mestura de brillantez técnica, delicada interacción de conxunto e unha imaxinación audaz e aventureira.
Artista, cantareiro e bailador, Mondra é un dos nomes máis sobranceiros da escena musical do país. Co seu álbum debut, ARDĒN, acada o recoñecemento unánime de público e crítica, tamén o Premio Martín Códax ao Mellor Álbum de Electrónica 2024 e o Premio Mestre Mateo ao Mellor Videoclip 2025. En 2025 Mondra lanza DE RONDA: persoal e íntimo, á vez que irreverente e desenfadado; un traballo autoral sempre en diálogo con elementos da tradición oral galega.
Complementando os concertos do FIM, do 22 ao 26 de xullo chega a quinta edición de A MOA, a Mostra de Artesanía e Cultura Tradicional que contará con presentacións, expositores, obradoiros, desfiles e actuacións de música e danza tradicional, organizada pola Asociación MOAÑA Antiqua e o Concello de Moaña.