09/06/2026
✨ Grazas ✨
Pasadas xa unhas semanas das Festas de Uxes 2026, seguimos coa mesma sensación: a de ter vivido uns días verdadeiramente inesquecibles. 💛
Queremos agradecer de corazón a todas as persoas que participastes, asististes e compartistes con nós cada momento destas festas. Grazas por encher Uxes de alegría, ambiente, música, amizade e ganas de pasalo ben.
Un agradecemento moi especial para todas aquelas persoas que colaboraron para que todo saíse adiante: colaboradores, patrocinadores, voluntarios e veciños e veciñas que, dun xeito ou doutro, puxestes o voso gran de area. O voso esforzo, compromiso e dedicación son fundamentais para facer posibles unhas festas como estas.
Foron días cheos de diversión, emocións, reencontros e recordos que quedarán para sempre na memoria de todos nós. Ver Uxes unida, gozando e compartindo momentos especiais é o que lle dá sentido a todo o traballo realizado durante o ano.
Mentres seguimos lembrando os bos momentos vividos, tamén continuamos traballando con ilusión para o futuro. Xa estamos pensando e preparando novas ideas para que as Festas de Uxes 2027 sexan, unha vez máis, un motivo de encontro e celebración para todos.
Grazas por facelo posible.💙💛
🎉✨