Comisión de Fiestas Viós

Comisión de Fiestas Viós Comisión de Fiestas Viós

Dende a nova directiva da Comisión de Festas de Viós, David, Andrea, Alba, Mateo e Inés. Queremos dar as gracias a todos...
05/08/2026

Dende a nova directiva da Comisión de Festas de Viós, David, Andrea, Alba, Mateo e Inés.
Queremos dar as gracias a todos os veciños e veciñas de Viós polo voso apoio e colaboración incondicional. Sen vós esta festa non tería sentido.
Tamén dar as gracias aos patrocinadores das nosas festas, que gracias a eles a nosa carga é menor.
É importante tamén recoñecer todo o traballo que hai detrás da barra, a esos “veciños” que realmente aínda son a rapazada que nos está a axudar durante todas as festas, tanto antes, como despois dela. Moitas grazas rapaces!!! Todo é máis divertido ao voso lado!

E por último pero non menos importante grazas a antigua directiva por guiarnos e estar ao noso lado nesta gran aventura! 🫶🏼❤️

💥NOVIDADE DESTAS FESTAS 2026 💥Despois de moito pensar quixemos facer unha camiseta que estivese no voso armario. Gardand...
21/07/2026

💥NOVIDADE DESTAS FESTAS 2026 💥

Despois de moito pensar quixemos facer unha camiseta que estivese no voso armario. Gardando así a nosa parroquia e o noso bochinche, tamén facendo alusión as nosas rúas!!

Estará a venta no bochinche a partir do sábado na sesión vermut, son unidades limitadas as que teremos a venta estas festas.

Prezos:
- Camiseta: 12€
- Pucho: 6€
- Pack (Camiseta+Pucho): 16€

Agardámosvos os días 1, 2 e 3 de Agosto en Viós!! Non deixaremos de sorprender ;)

XA CHEGAN AS NOSAS FESTAS, VIÓS 2026!!Sábado 2, a ritmo de Grupo Ritmo y Discomovil impactó con DJ drew 🔥 Domingo 3, dúo...
07/07/2026

XA CHEGAN AS NOSAS FESTAS, VIÓS 2026!!

Sábado 2, a ritmo de Grupo Ritmo y Discomovil impactó con DJ drew 🔥

Domingo 3, dúo D’Vicio coa festa da cervexa de 19:00 a 20:00 🍻🍻. Para os mais pequenos xogos populares e pinta caras, pero non nos olvidamos dos maiores que haberá TORO MECÁNICO 🐂🐂

Lunes día 4, GRAN CHURRASCADA e Sorteo de 1000€. Acompañados de Orquesta New York e Unión y Fuerza 🎉

Este ano queremos agradecer todo o apoio dado por parte da parroquia e da xente que ven as nosas festas, ASÍ QUE SORTEAMOS:

Por unha parte 3 racións de churrasco! (1 gañador)

E por outra 3 consumicións! (1 gañador)

PARA PARTICIPAR:

- Menciona en comentarios a un mínimo de 3 persoas nesta publicación.
- Sígue á conta de Comisión de Festas de Viós
- Sube esta publicación a storys e manda captura ao privado!

Tedes ata o día 31 DE AGOSTO para comentar tantas veces como queirades! SORTE! 🍀🍀

Festa das Candeas! Moitas grazas a toda veciñanza, sen todo o voso apoio esto non sería posible. É un honor para a Comis...
02/02/2026

Festa das Candeas!
Moitas grazas a toda veciñanza, sen todo o voso apoio esto non sería posible. É un honor para a Comisión de Festas seguir facendo esta xuntanza despois de traela de volta en 2018. Despois da limpieza do lixo, da reforestacion de árbores autóctonas, da orixe do pan e o queixo, este ano tocou a tradicional elaboración do chourizo!!!!🐷

Grazas a todas as casas colaboradoras que ofreceron os seus mellores postres de entroido.

Con todo isto, non queda máis que dicir do orgullo que ofrece esta parroquia toda unida.
Para a seguinte, máis e mellor!!

VIÓS, O CORAZÓN DA TRADICIÓN: UNHA VIAXE DO MONTE Á LAREIRA ❤️🐖O vindeiro 1 de febreiro, coincidindo coa festividade das...
20/01/2026

VIÓS, O CORAZÓN DA TRADICIÓN: UNHA VIAXE DO MONTE Á LAREIRA ❤️🐖

O vindeiro 1 de febreiro, coincidindo coa festividade das Candeas, a parroquia de Viós convértese nun escenario vivo para render homenaxe a un dos piares da nosa cultura gastronómica e social: a matanza e

A ELABORACIÓN DO CHOURIZO.
Esta non é unha ruta calquera; é un percorrido polos sentidos e pola memoria. Queremos que nos acompañedes a redescubrir o ciclo completo dun produto que, durante xeracións, foi garantía de sustento e motivo de reunión.

O CICLO DA VIDA: A CARBALLEIRA
A nosa andaina comeza na quietude da carballeira. Alí, o visitante poderá ver a parella de cochos vivindo en liberdade, como se facía antano. Queremos poñer en valor a alimentación natural e o respecto polo tempo que o animal necesita para medrar. Ver o porco entre os carballos é entender que o sabor do chourizo de Viós non se fabrica, senón que nace da terra.

O SABER DAS MANS: O RITUAL E A MEMORIA 🧠
A ruta avanza cara o corazón do traballo artesán. Faremos parada ante elementos que son auténticos tesouros etnográficos: a mesa de traballo de madeira, firme e testemuña de mil historias, e o delicado pero fundamental labor do lavado das tripas. É aquí onde as mans expertas da aldea amosan esa sabedoría herdada que non se aprende nos libros, senón de pais a fillos, mantendo vivos nomes e procesos que corren o risco de caer no esquecemento.

O SEGREDO DO FUME: A LAREIRA E O TEMPO 🪵🔥
O noso camiño remata no lugar máis sagrado de calquera casa galega: a lareira. Alí, os chourizos recén feitos atopan o seu lugar no fume da lareira.

En Viós, o 1 de febreiro, non só imos facer chourizos. Imos celebrar quen somos, de onde vimos e o orgullo de manter viva a chama da nosa identidade.
Vémonos no camiño.

*SALIDA: AS 11:00 HORAS - IES DE VIÓS*

FESTA DAS CANDEAS O DOMINGO 1 DE FEBREIRO 🕯️Sesión vermuth 🥃 con Dúo Primera Fila 💃🕺a partir da 13:30.Proba de filloas e...
17/01/2026

FESTA DAS CANDEAS O DOMINGO 1 DE FEBREIRO 🕯️

Sesión vermuth 🥃 con Dúo Primera Fila 💃🕺a partir da 13:30.

Proba de filloas e rosquillas

Haberá un pequeno sorteo ao finalizar a sesión vermouth, ven e averigua o premio… 🎁🎊

Esperamosvos a todos cos brazos abertos. 🫶🏼🍻

Dirección

Viós
Abegondo
15318

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Comisión de Fiestas Viós publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir