Festas de Sanfins

Festas de Sanfins Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Festas de Sanfins, Servicio de fiestas y entretenimiento, Sanfíns, Vimianzo.

Comisión de festas de Sanfins, Vimianzo, Costa da Morte 📍

20 xuño: Torneo Juan Insua (Senior) ⚽️

27-28 xuño: III Torneo Juan Insua (Infantil e Cadete) ⚽️

1-2 agosto: Festas 🎉

29/07/2026

UNHA TRADICIÓN DAS NOSAS FESTAS ⚽🔥

Hai citas que non poden faltar nas Festas de Sanfíns, e unha delas é o noso particular torneo entre lugares 🙌

Un ano máis, Caxadas, Sanfíns, Piñeiros e Castrelo volverán verse as caras no campo para disfrutat do fútbol tras a sesión vermú e comida e, por suposto, intentar levarse o título 🏆

🥇 O ano pasado foi Sanfíns quen se proclamou campión... conseguirá revalidar o título ou teremos novo gañador neste 2026? 👀⚽

🎥 No reel, o gran Terio Carrera é o encargado de presentar esta tradición que forma parte das nosas festas e que cada ano vivimos con moitísima ilusión.

📅 1 e 2 de agosto
📍 Festas de Sanfíns

Que empece o pique san! 🔥 Quen credes que gañará este ano?

28/07/2026

ERIC HIDALGO ESTARÁ NAS NOSAS FESTAS 🎤

Hai só unhas semanas puidemos velo no da TVG, onde Eric Hidalgo subiu ao escenario para cantar e amosar o seu apoio ao seu país, Venezuela 🇻🇪

Un artista cun enorme talento e unha voz que moitos xa coñeceredes polo seu paso pola Orquestra Los Satélites.

E este sábado 1 de agosto teremos a sorte de telo con nós en Sanfins, para desfrutar da súa música en directo e dunha gran noite de festa! 🙌🎶

Se o vistes no Luar, agora tedes a oportunidade de escoitalo en directo. Agardámosvos!

21/07/2026

FÚTBOL, ESPECTÁCULO E MOITAS GANAS DE PASALO BEN 🎥⚽

O III Torneo Futsal 4x4 – Memorial Juan Insua non foi só competición... tamén foi espectáculo! 🔥

Neste vídeo podedes ver de todo: xogadores facendo toques, auténticas exhibicións de técnica, unha espectacular volta ao mundo co balón, grandes xogadas... e, como non podía ser doutro xeito, a ledicia e as celebracións dos finalistas e dos campións ao rematar o torneo. 🏆🙌

Ese é o espírito que queremos seguir mantendo: fútbol, amizade, deportividade e momentos que quedan para o recordo.

Nós xa estamos contando os días para volver vivir unha nova edición. E vós? 🧡⚽

17/07/2026

MÁIS ESPECTÁCULO DO TORNEO SENIOR 🎥⚽

Seguimos revivindo os mellores momentos do III Torneo Futsal 4x4 – Memorial Juan Insua!

Neste novo vídeo queda demostrado o gran nivel que houbo na categoría sénior: xogadas de moita calidade, regates, goles, paradas e accións que fixeron desfrutar a todos os afeccionados que se achegaron a Caxadas. 🔥

Un torneo marcado pola competitividade, pero tamén polo respecto, a deportividade e o gran ambiente vivido durante toda a xornada. 💙

📸🎥 E aínda queda moito por ver! Nos próximos días seguiremos compartindo máis vídeos e fotografías das categorías infantil e cadete.

CARTEL COMPLETO DAS FESTAS 2026 🎉Volvemos compartir o cartel para que poidades velo ao completo e non perdades detalle d...
15/07/2026

CARTEL COMPLETO DAS FESTAS 2026 🎉

Volvemos compartir o cartel para que poidades velo ao completo e non perdades detalle de todo o que vos temos preparado! 🙌

📅 Sábado 1 de agosto
🎤 Eric Hidalgo, ex vocalista da Orquestra Os Satélites
🎧 DJ Save, para rematar a noite coa mellor música.

📅 Domingo 2 de agosto
🎶 Trío Alborada
🎧 Javi Solla

Ademais, durante as dúas sesións vermú contaremos con inchables gratuítos para os máis pequenos, para que toda a familia poida desfrutar da festa.

👉 Toda a programación e horarios podédelos consultar no cartel.

Esperámosvos en Sanfins para vivir unha fin de semana chea de música, festa e bo ambiente! 💚

Dirección

Sanfíns
Vimianzo
15129

Teléfono

+34637163221

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Festas de Sanfins publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Festas de Sanfins:

Atajos

Compartir