02/09/2026
As palabras atraen, o exemplo convence 🖼️
A partir de hoxe xa podes visitar a exposición “Cooperativas de Compostela” no CSC O Ensanche. Este proxecto mostra 17 cooperativas da cidade de distintos sectores. Ademais, valoriza as persoas como eixo central da filosofía e a economía cooperativas.
Visítaa até o día 14, cando comezará a viaxar a outros espazos públicos e privados (centros socioculturais e centros de ensino)!
A iniciativa foi impulsada e coordinada por EspazoCoop en colaboración con Maos S. Coop. Galega, contando co apoio do Concello de Santiago de Compostela.