20/10/2022
📣 Atención! 𝗩𝗜𝗦𝗜𝗧𝗔 𝗚𝗨𝗜𝗔𝗗𝗔 "𝗣𝗢𝗡𝗧𝗘𝗗𝗘𝗨𝗠𝗘 𝗘𝗖𝗢𝗦 𝗗𝗨𝗡𝗛𝗔 𝗩𝗜𝗟𝗔 𝗠𝗘𝗗𝗜𝗘𝗩𝗔𝗟" + 𝗗𝗘𝗚𝗨𝗦𝗧𝗔𝗖𝗜𝗢́𝗡 𝗡𝗢 𝗠𝗘𝗥𝗖𝗔𝗗𝗢, proxecto beneficiario do programa O teu Xacobeo 👣
Cando?
🗓 Martes 25 e vernes 28 de outubro
A que hora?
⏰ 11:00h (Duración: 1h 30 min)
Onde?
📍 Saída: Parada dos taxis
Canto custa?
💶 Inscrición 8€
Que faremos?
🌳 Trátase dunha ruta guiada polo casco histórico de Pontedeume, destacando os principais recursos patrimoniais. Realizarase unha parada no mercado para interactuar cos vendedores locais. Na actividade, os participantes poderán contemplar e coñecer a historia e o valor de diferentes enclaves históricos da vila de Pontedeume.
Que teño que facer para inscribirme?
𝗥𝗘𝗦𝗘𝗥𝗩𝗔𝗥 𝗣𝗥𝗔𝗭𝗔 indicando: nome completo, DNI, data de nacemento e teléfono ao seguinte número: 𝟲𝟮𝟯 𝟰𝟭𝟱 𝟮𝟵𝟱. Último día de inscrición: dous días antes da saída.