04/08/2026
🌸 Axúdanos a encher de flores a nosa igrexa. 🌸
Como cada ano, queremos que a nosa igrexa luzca o máis fermosa posible nas festas. Para conseguilo, precisamos da colaboración de todas as persoas que desexen achegar o seu gran de area.
💐 Se queres contribuír economicamente para a compra das flores que decorarán a igrexa, ponte en contacto con calquera membro da Comisión.
⚠️ Lembramos que a recollida de cartos será realizada exclusivamente polos membros da Comisión, para evitar confusións.
Calquera achega, por pequena que sexa, será de gran axuda.
Moitas grazas pola vosa colaboración e por axudar a manter viva esta tradición. 🤍