Comisión de Festas San Benito de Cuñas 2026

  • Home
  • Comisión de Festas San Benito de Cuñas 2026

Comisión de Festas San Benito de Cuñas 2026 Somos a comisión de Festas do San Benito de Cuñas 2026.

Este venres ás 21:00h ven a Cuñas a ver o partido de España vs Bélgica! 🍻🔥🇪🇸
09/07/2026

Este venres ás 21:00h ven a Cuñas a ver o partido de España vs Bélgica! 🍻🔥🇪🇸

Xa está todo preparado para as festas de Cuñas na honra a San Benito! 🎉💃📅 10 de xullo:🎶 Verbena con Dúo Flow 📅 11 de xul...
05/07/2026

Xa está todo preparado para as festas de Cuñas na honra a San Benito! 🎉💃

📅 10 de xullo:
🎶 Verbena con Dúo Flow

📅 11 de xullo:
⛪️ Misas e procesión ás 12:00 h
🍷 Sesión vermú
🍽️ Gran cea popular ás 22:00 h
🎶 Dúo Dinamita
🎧 BYV Disco Móbil

Non quedes sen a túa entrada para a cea! Vémonos en Cuñas! 🥳

12/03/2026

Este ano volve San Benito a Full ‼️🥳🔋💃🏻🕺🏻

🎉 Xa están aquí as festas de Cuñas! 🎉O sábado 21 de marzo celebramos o San Benito con:⛪ Misa e procesión ás 12:00🍷 Vermú...
12/03/2026

🎉 Xa están aquí as festas de Cuñas! 🎉

O sábado 21 de marzo celebramos o San Benito con:
⛪ Misa e procesión ás 12:00
🍷 Vermú e pulpeiro
🍽️ Cea popular ás 21:30
🥳 Sorteo e sesión DJ

Un día para xuntarnos, comer ben e pasalo en grande💃🕺 Non faltes!!

O día límite para mercar os tickets é o xoves 19*

Agradécese a colaboración das bodegas Cuñas Davia e Son de Arrieiro.

🎉🎉 ATENCIÓN, ATENCIÓN!! 🎉🎉Xa temos os NÚMEROS GAÑADORES do noso SORTEO!!! .....🥁🥁Se a túa papeleta coincide coas TRES ÚL...
20/07/2025

🎉🎉 ATENCIÓN, ATENCIÓN!! 🎉🎉

Xa temos os NÚMEROS GAÑADORES do noso SORTEO!!! .....🥁🥁
Se a túa papeleta coincide coas TRES ÚLTIMAS CIFRAS destes números...
👇👇👇

🔧 LEVAS PARA A CASA UNHA DESBROZADORA QUE METE MEDO! 💪🌿
🛏️ Ou UNHA NOITE MÁXICA NAS CABAÑITAS DE "O RINCÓN DOS SENTIDOS" 😍🌙🌲

💥💥Os números afortunados son...

🔢 775 (Desbrozadora)
🔢 590 (Cabañitas)

Revisa ben a túa papeleta, non vaia ser que esteas perdendo unha noite de relax... ou unha boa excusa para facer ruído no monte! 😂💨🌾

📩 Se es un/unha dos gañador@s, escríbenos por privado para reclamar o teu premio 🎁
E se non tocou... sempre che queda o co***lo de que a sorte vai e vén, pero unha boa festa queda para sempre! 🥳🎶🍷

🎊🌈🍀

❤️ Grazas infinitas, Cuñas… ❤️Remataron as festas do San Benito 2025… e quedamos cun nó na gorxa, pero co corazón cheo. ...
13/07/2025

❤️ Grazas infinitas, Cuñas… ❤️

Remataron as festas do San Benito 2025… e quedamos cun nó na gorxa, pero co corazón cheo. Cheo de emoción, de ledicia, de orgullo… e tamén cun chisco de morriña.

Dende a Comisión de Festas queremos dicir ben alto e claro: démolo todo!!! Traballamos con alma, con suor e con moito amor para que todo saíra o mellor posible. Se houbo algún erro, pedimos desculpas con humildade… porque fixemos cada cousa co corazón na man.

🙏 Grazas, grazas e mil grazas a todas as familias, amigos, veciños e veciñas que botastes unha man, que estivestes aí para montar, recoller, organizar, animar… Sen vós, esta festa case non sería posible. E dicimos “case” porque a verdadeira maxia faise cando un pobo enteiro se xunta co mesmo soño. E iso, en Cuñas, sabemos facelo como ninguén.

💫 E agora tócalle coller o relevo á nova Comisión de Festas, á que lle desexamos toda a sorte do mundo neste camiño cheo de traballo, ilusión e momentos únicos. Tedes todo o noso apoio para o que precisedes.

Queda o recordo, a música, as risas, os bailes, o polbo, o viño e os momentos que xa son historia.

E agora… a descansar un pouco (ou iso intentaremos 😅), pero xa pensando en disfrutar o próximo 11 de xullo. Porque San Benito sempre volve… e vós tamén 💪✨

Viva San Benito e viva Cuñas!
💛💃🕺🍷🎉🥁👣🐙🔥

🥲💃🍷 Este fin de semana… 𝐀 𝐓𝐀𝐒𝐂𝐀 𝐃𝐎 𝐁𝐄𝐍𝐈𝐓𝐎 baixa a persiana 🪟🚪Foron semanas de 💥💃 festa, 🍻 brindes, 🎶 bailes, e moitas, m...
03/07/2025

🥲💃🍷 Este fin de semana… 𝐀 𝐓𝐀𝐒𝐂𝐀 𝐃𝐎 𝐁𝐄𝐍𝐈𝐓𝐎 baixa a persiana 🪟🚪

Foron semanas de 💥💃 festa, 🍻 brindes, 🎶 bailes, e moitas, moitas 🤣 risas.
A nosa pequena tasca converteuse no centro neurálxico do pobo 🏘️💞, un recuncho onde se xuntaron veciños, amizades de toda a vida, familia, e xente de todo o Ribeiro 🍇👩‍🌾👨‍🌾.

Cada vaso servido 🍷, cada canción cantada 🎤 e cada baile improvisado baixo as luces 💡✨ quedarán para sempre nos nosos 💓 corazóns.

Dende a comisión de festas queremos darvos as 𝐆𝐑𝐀𝐙𝐀𝐒 🙏 de corazón por todo o apoio, as risas compartidas, e por facer desta tasca algo máis que un bar... un lugar máxico 🌟🍻.

💥 Pero isto non remata aquí…
A traca final 💣 será o vindeiro finde coas *𝐆𝐑𝐀𝐍𝐃𝐄𝐒 𝐅𝐄𝐒𝐓𝐀𝐒 𝐃𝐎 𝐒𝐀𝐍 𝐁𝐄𝐍𝐈𝐓𝐎 𝐃𝐄 𝐂𝐔Ñ𝐀𝐒!* 🎊🎉🕺💃
💃 Que non pare a festa!! Que non decaia o ritmo!! Vamos con todooo 🔥💪🥁🎺🎆

📣 Benitiño xa está quentando motores‼️😜🤙🏻 Argallando a festa desta noite en 𝘼 𝙏𝙖𝙨𝙘𝙖 𝙙𝙤 𝘽𝙚𝙣𝙞𝙩𝙤‼️As cervexas 🍻 están xeada...
28/06/2025

📣 Benitiño xa está quentando motores‼️😜🤙🏻
Argallando a festa desta noite en
𝘼 𝙏𝙖𝙨𝙘𝙖 𝙙𝙤 𝘽𝙚𝙣𝙞𝙩𝙤‼️
As cervexas 🍻 están xeadas ❄️, o viño ben fresquiño 🍷 e a música xa soa de fondo 🎶.

Vai haber baile, risas e moita festa‼️ 💃🕺

Non faltes, que isto promete! 🔥
Vémonos hoxe á tarde-noite! 😉

Address


Website

Alerts

Be the first to know and let us send you an email when Comisión de Festas San Benito de Cuñas 2026 posts news and promotions. Your email address will not be used for any other purpose, and you can unsubscribe at any time.

Shortcuts

  • Want your business to be the top-listed Event Planning Service?

Share