01/03/2026
A CAÑIZA. Enterro e Procesión do Rexoubón
CARBALLEIRA DO CACHARADO: LUTO, RISA… E UN POUCO DE TODO
Viudas e viudos, divorciados tamén,
separados e cornudos, todos de lao.
Veciños e amigos, e algún que outro inimigo,
marchaban á procesión, con paso digno.
Pais e nais coas crianzas ao brazo,
avós con bastón, facendo o seu paso.
Todos de luto, rigoroso e serio,
pero algún aproveitou para mirar o misterio.
Funeraria de Oroso… iso foi un fiestazo,
cada un co seu traxe, cada un co seu cazo.
E entre choro e risas, entre luto e retranca,
chegamos ao Resoón, que a tradición non se estanca.
Concello A Cañiza - Pontevedra