19/10/2026
Cunha tristura inmensa despedímonos do noso compañeiro e amigo Xián Martínez. Un coreógrafo e bailarín brillante e unha persoa das que deixan pegada. Dende Urdime, a túa casa, admirámoste e querémoste para sempre. Grazas polo tempo compartido, Xián.
Todo o noso amor para a súa familia, para Álex, Elena e para toda a xente que te quería. Quedámonos co teu sorriso e coa túa arte eterna 🤍